Guillermo Paredes Viñas, coñecido como Guillermo da Canteira, nado en Ulloa (Palas de Rei) en 1913, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Traballaba nas minas de Asturias en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ao exército leal. Cando caeu a fronte de Asturias tratou de volver a Ulloa, pero foi capturado en Guntín de Pallares. Xulgado, foi condenado a trinta anos e traballou nas minas de Fabero de onde escapou en febreiro de 1941 con Ovidio Álvarez, Ovidio Ferreras Rodríguez e Dionisio Gómez López. Fuxiron cara Lugo, e antes de chegar prenderon a Ovidio Ferreras. Conseguiron chegar a Toques, onde se fixeron con escopetas. Ao remate do verán de 1941 asaltaron a taberna de Ramón Blanco González en Cuíña (Palas de Rei), o 17 de novembro deron outro golpe económico na taberna de Antonio Rodríguez García en San Mamede do Carballal e o 29 do mesmo mes houbo un intento, frustrado polos veciños, de secuestrar o dono dun comercio no Castro das Seixas (Merlán). Perseguidos pola Garda Civil, a Dionisio Gómez López disparóuselle a escopeta e, ferido nunha perna, foi capturado pola forza pública e trasladado ao depósito de Palas de Rei onde morreu o 3 de xaneiro de 1942. A finais de xaneiro o xuíz militar de Lugo emite unha requisitoria contra Guillermo Paredes e Ovidio Álvarez imputados na causa 7/42 por atracos en San Mamede de Carballal e O Castro das Seixas.BOP Lugo, 3-2-1942. p. 4.
Guillermo integrouse na guerrilla e foi procesado na causa sumarísima 546/46 de León por un delito contra a seguridade do estado xunto con Marcelino de la Parra Casas e outros antigos membros da Federación de Guerrillas de León-Galicia.BOP de León, 28-1-1947, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Palas de Rei
Categoría:Nados en 1913