Pablo Agulló Temprano, nado na Coruña o 25 de xuño de 1990, é un futbolista galego, que xoga de defensa e centrocampista no Silva, na Terceira Federación.
É fillo de Jaime Agulló Quintela e neto de Jaime Agulló Blasco, ambos ex futbolistas do Deportivo da Coruña.
Traxectoria Xogou nos xuvenís do Calasanz antes de pasar ao Orillamar SD, co que xogou en Primeira e Segunda Autonómica, e ao Atlético Arteixo. Tras dúas tempadas co Arteixo en Primeira Autonómica deu o salto á Terceira División, fichando polo Betanzos para a tempada 2013/14, despois dunha proba infrutuosa co Fabril.
Foi un fixo na defensa do club betanceiro e ao ano seguinte fichou polo Cerceda, tamén de Terceira. Estivo catro anos en Cerceda, e na tempada 2016/17 ascendeu á Segunda División B. O seu paso pola división de bronce durou só un ano, descendendo de novo á Terceira ao remate da campaña.
Fichou entón polo Bergantiños, de Terceira División. Na segunda xornada de liga sufriu unha lesión no xeonllo que o levou ao quirófano e a perder case toda a tempada. Na tempada 2019/20 disputou a histórica eliminatoria de Copa do Rei contra o Sevilla no Estadio de Riazor. Militou cinco tempadas no club carballés, disputando 113 partidos oficiais e conseguindo un ascenso á Segunda Federación.
En 2023 regresou ao Atlético Arteixo, co que xogou durante tres campañas na Terceira Federación. En agosto de 2026 fichou polo Silva, da mesma categoría.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol . Datos do xogador en lapreferente.com .
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Atlético Arteixo Categoría:Xogadores do Betanzos CF Categoría:Xogadores do CCD Cerceda Categoría:Xogadores do Bergantiños FC Categoría:Xogadores do Silva SD Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes