O Hospital Universitario de Tampere (en finés Tampereen yliopistollinen sairaala), tamén coñecido polas súas siglas TAYS, é un hospital situado no barrio de Kauppi, na cidade de Tampere, Finlandia. Pertence ao distrito hospitalario de Pirkanmaa. O hospital ten cinco oficinas: Tays Keskussairaala e Tays Hatanpää en Tampere, Tays Valkeakoski, Tays Sastamala e Tays Pitkäniemi en Nokia.

O edificio principal do hospital central foi deseñado polos arquitectos Erkki Helamaa e Veijo Martikainen e as súas obras finalizaron en 1962 e dende aquela experimentou varias ampliacións.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do TAYS Plano do complexo hospitalario

Categoría:Tampere Categoría:Hospitais