Louise Fréchette, nada en Montreal o 16 de xullo de 1946, é unha diplomática canadense que ocupou a Vicesecretaría Xeral das Nacións Unidas durante oito anos, e unha diplomática e funcionaria pública por longo tempo. Exerceu un período de tres anos no Centre for International Governance Innovation, un centro de investigación sobre relacións e políticas internacionais localizado en Waterloo, Ontario, nun proxecto de investigación sobre a enerxía nuclear e a seguridade mundial.
Traxectoria Graduouse na Universidade de Montreal cun grao en historia en 1970 e no College of Europe (Bruxas, Bélxica) cun Certificate of Advanced European Studies de posgrao (equivalente a un mestrado) en 1978. Comezou a súa carreira diplomática en 1971 cando se une ao Ministerio de Asuntos Exteriores do Canadá. Foi asignada á embaixada canadense en Atenas antes de unirse á delegación canadense fronte ás Nacións Unidas en Xenebra en 1978.
En 1985, á idade de 39, foi nomeada embaixadora do Canadá na Arxentina. En 1989, foi enviada nunha misión secreta a Cuba para meter presión a Fidel Castro para que apoiase a Guerra do Golfo. A pesar de fracasar, impresionou a Ottawa cos seus esforzos e foi nomeada embaixadora do Canadá nas Nacións Unidas en 1992.
En 1995, abandonou o servizo exterior para converterse en viceministra adxunto de finanzas en Ottawa. Máis tarde foi promovida a viceministra da defensa nacional, a primeira muller en alcanzar ese posto.
En 1997, Louise Fréchette foi nomeada vicesecretaria Xeral de Nacións Unidas, cargo recentemente creado polo Secretario Xeral das Nacións Unidas Kofi Annan tralas reformas da organización, sendo a primeira persoa en asumir o cargo.
En 2005, despois de ser criticada polo expresidente da Reserva Federal dos Estados Unidos Paul Volcker pola fallada administración do Programa de Petróleo-por-Alimentos para Iraq, Fréchette anunciou a súa renuncia.
Louise Fréchette é membro da Global Leadership FoundationMembership Global Leadership Foundation (GLF). e é membro do Consello Asesor Internacional do Instituto para o Estudo do Desenvolvemento Internacional (ISID) da Universidade McGill. Foi membro da Comisión de Persoas Eminentes do Organismo Internacional de Enerxía Atómica (OIEA) sobre os desafíos da enerxía nuclear, que emitiu o seu informe en abril de 2008.Louise Fréchette appointed to Advisory Board of International Commission on Nuclear Non-proliferation and Disarmament International Commission on Nuclear Non-proliferation and Disarmament (ICNND), nota de prensa do 30 de outubro de 2008.
Tamén é membro da Xunta Asesora da Montreal Centre for International Studies.Advisory Board Montreal Centre for International Studies.
En 1998, foi nomeada Oficial da Orde do Canadá.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía da Secretaria Xeral Adxunta das Nacións Unidas (en inglés) Biografía de Membros Distinguidos do CIGI (en inglés)
Categoría:Nados en Montreal Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Ottawa Categoría:Alumnos da Universidade de Montreal Categoría:Nados en 1946 Categoría:Diplomáticos Categoría:Políticos do Canadá