200px|miniatura|Stefan Ruzowitzky, director do filme gañador Esta é unha lista dos filmes propostos na 80ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.En abril de 2019 o nome da categoría cambiouse a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada: A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956. O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa. O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.
Os filmes candidatos debían terse estreado nos cinemas dos seus respectivos países entre o 1 de outubro de 2006 e o 30 de setembro de 2007. A Academia convidou 95 países a enviar filmes a competición, recibíndose sesenta e tres propostas, o maior número ata ese momento. Acerbaixán e Irlanda enviaron filmes por primeira vez.
A lista curta de nove candidatos anunciouse o 15 de xaneiro de 2009. A selección foi controvertida, especialmente pola ausencia do filme romanés 4 luni, 3 săptămâni și 2 zile, gañador da Palma de Ouro no Festival de Cannes e do francés Persepolis, Premio do Xurado do mesmo festival. Os cinco candidatos (Austria, Casaquistán, Israel, Polonia e Rusia) anunciáronse o 22 de xaneiro de 2008. O filme Die Fälscher de Stefan Ruzowitzky gañou o premio, primeiro filme austríaco que o conseguiu.
Propostas País Título Lingua(s) Director(es) Resultado Qafqaz Azerí, ruso Auf der anderen Seite Alemán, turco XXY Castelán The Home Song Stories Cantonés, inglés, mandarín Die Fälscher Alemán Swopnodanay Bengalí Ben X Neerlandés Los Andes no creen en Dios Castelán Teško je biti fin Serbocroata O Ano em Que Meus Pais Saíram de Férias Portugués Pazachyt na myrtvite Búlgaro L'Âge des ténèbres Francés Mongol Mongol Obsluhoval jsem anglického krále Checo Padre nuestro Castelán Yún shǔi yáo Mandarín Satanás Castelán Miryang Coreano Armin Serbocroata La edad de la peseta Castelán Kunsten at græde i kor Dinamarqués Návrat bocianov Alemán, Eslovaco Kratki stiki Esloveno El orfanato Castelán Klass Estoniano Fi shaket Masr El Gedeeda Árabe Donsol Bikol, tagalo Miehen työ Finés Persepolis Francés , Marjane Satrapi Eduart Albanés, alemán, grego Fong juk Cantonés Taxidermia Húngaro Eklavya: The Royal Guard Hindi Denias, Senandung di Atas Awan Indonesio Mim mesle madar Persa Jani Gal Kurdo Kings Irlandés, inglés Mýrin Islandés Beaufort Hebreo La sconosciuta Italiano Sukkar banat Árabe, francés Perl oder Pica Luxemburgués Antiga República Iugoslava de Macedonia Senki Macedonio Stellet licht Plautdietsch Tatt av Kvinnen Noruegués Duska Neerlandés Una sombra al frente Castelán Katyń Polaco Maldeamores Castelán , Carlitos Ruiz Belle Toujours Francés 4 luni, 3 săptămâni și 2 zile Romanés 12 Ruso, checheno Klopka Serbocroata 881 Mandarín, hokkien Du levande Sueco Die Herbstzeitlosen Alemán de Suíza King of Fire Tailandés Liànxí Qǔ Mandarín, taiwanés Takva Turco El baño del Papa Castelán , Enrique Fernández Postales de Leningrado Castelán Áo lụa Hà Đông Vietnamita Soredemo boku wa yatte nai Xaponés Rusuli samkudhedi Ruso
Cambios e ontroversias A Academia determinou que as propostas iniciais de Israel e Taiwán non cumprían os requirimentos. A israelí The Band's Visit porque contiña demasiados diálogos en inglés e Sè, Jiè por non ter suficiente participación taiwanesa. Ambos os países enviaron outros filmes. A proposta oficial de Bolivia, Los Andes no creen en Dios, non aparece na listaxe final. A proposta da India, Eklavya: The Royal Guard, foi obxecto dunha demanda por considerarse que o comité de selección tiña ligazóns co equipo que produciu Eklavya; porén, a India mantivo o filme como a súa selección. A British Academy of Film and Television Arts foi obxecto de crítica por non enviar nin o filme en gaélico escocés Seachd: The Inaccessible Pinnacle nin o filme en galés Calon Gaeth.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Official website of the Academy Awards
80 Categoría:Cinema en 2007