Lido Pimienta, nada en Barranquilla en 1986 é unha cantante e compositora colombiana canadense."How Lido Pimienta found freedom in music". Q, 2 de febreiro de 2017. Acadou recoñecemento tralo seu álbum de 2016 La Papessa, co cal gañou o Premio Polaris no ano 2017."Lido Pimienta Wins 2017 Polaris Music Prize", Exclaim!, 18 de setembro de 2017. A súa música mestura unha gran variedade de elementos, incluíndo estilos musicais indíxenas e afrocolombianos, xunto con synthpop e música electrónica."Meet Lido Pimienta, The Art Pop Warrior of the Latinx Underground". The Fader, 31 de outubro de 2016.

Traxectoria Originaria de Barranquilla, Colombia,"Lido Pimienta Takes Control" . Noisey, 21 de marzo de 2014. Lido trasladouse ao Canadá, mudándose a London, Ontario antes de trasladarse definitivamente a Toronto, onde vive no presente. O seu pai faleceu cando ela tiña só seis anos.

Carreira Pimienta lanzou o seu primeiro álbum, Color, en 2010."Lido Pimienta en su exploración de género, raza, maternidad e inmigración". Univisión, 5 de novembro de 2016. O disco foi producido por Michael Ramey, o daquela esposo de Pimienta"Lido Pimienta is done with your ideas of “world music”" . Chart Attack, 29 de xaneiro de 2017. e foi publicado pola discográfica estadounidense KUDETA. Trala separación da parella, Pimienta cursou estudos en crítica de arte, ademais de prepararse en produción musical antes de lanzar o seu segundo álbum, La Papessa en 2016. Ese mesmo ano colaborou co dúo de música electrónica A Tribe Called Red en varias cancións do álbum We Are the Halluci Nation."Innovative DJ trio willing to stand up; A Tribe Called Red's new album described as a 'lightning rod'". Montreal Gazette, 15 de decembro de 2016.

Tralo lanzamento de La Papessa, producido pola propia Lido Pimienta, gañou o premio de 50 mil dólares nos Premios Polaris 2017, un dos galardóns máis importantes na industria musical canadense. O xornal The Globe and Mail referiuse a Lido como "o futuro do rock and roll canadense" e nomeouna "a artista do ano".

Vida persoal Pimienta identifícase como queer."What It’s Like to be Queer and Latinx During Pride" . Torontoist, 30 de xulo de 2016. Ten ascendencia afrocolombiana e wayuu. É nai solteira.

Discografía Color (2010) La Papessa (2016) Miss Colombia (2020)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Barranquilla Categoría:Cantantes de Colombia Categoría:Cantantes do Canadá Categoría:Pobo wayuu Categoría:Colombianos de ascendencia africana Categoría:Colombianos de ascendencia indíxena