Jacqueline Mutere é unha activista dos dereitos das mulleres kenyanas, cofundadora de Grace Agenda, unha fundación que proporciona asistencia e asesoramento ás vítimas de violación en Kenya. Mutere tamén é membro de National Victims and Survivors Network (en galego, Rede Nacional de Vítimas e Sobreviventes), unha organización que procura dar seguimento á axenda de reparacións da Comisión da Verdade, Xustiza e Reconciliación (TJRC).
Traxectoria Mutere fundou orixinalmente Grace Agenda en 2010 para apoiar ós fillos de vítimas de violación durante a violencia postelectoral de 2007-2008 en Kenya, despois de que ela mesma experimentara violencia sexual durante os disturbios. Pouco despois de crear a fundación, Mutere decatouse de que moitas nais destes nenos tamén precisaban un lugar seguro para falar sobre o seu trauma, e que ó proporcionar esa saída, menos nais transmitirían o seu trauma ós seus fillos.
Mutere tamén se centra en meter presión ó goberno de Kenya para que cumpra a súa promesa de distribuír máis de 100 millóns de dólares en reparacións ás sobreviventes de violación durante os disturbios de 2007-2008. Estes esforzos incluíron unha marcha pacífica para entregar unha petición ó senado de Kenya para lembrar ós seus membros as promesas que fixeron ás sobreviventes de violación.
Notas
Categoría:Nados en Kenya Categoría:Feministas da igualdade Categoría:Personalidades sen imaxes