Tanzila Khan é unha activista paquistaní polos dereitos das persoas con discapacidade, autora e fundadora de Girlythings, unha aplicación móbil que distribúe toallas sanitarias a mulleres con discapacidades. Khan céntrase en aumentar a conciencia e o acceso á saúde e educación reprodutiva, especialmente para as persoas con discapacidades. Escribiu varios libros sobre o tema e deu conferencias públicas e seminarios.
Traxectoria Tanzila naceu e medrou en Paquistán. Está discapacitada desde o seu nacemento polo que emprega unha cadeira de rodas. Khan obtivo a súa licenciatura en Dereito Internacional na Universidade de Londres. No 2022, rematou un mestrado en Emprendemento pola Universidade de Uppsala (Suecia).
Traballos Khan publicou o seu primeiro libro con 16 anos, e utilizou as ganancias para financiar proxectos comunitarios na súa área. Escribiu as seguintes obras:
A Story of Mexico
Premios Khan gañou os seguintes premios polo seu activismo:
Conector mozo do futuro (Swedish Institute) Líder xove (Women Deliver) Premio Khadija tul Kubra (premio nacional) Campioa xuvenil en Rise Up (Packard Fundation) Six-two Changemaker de 2018
Notas
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Paquistán Categoría:Activistas de Paquistán