O Trofeo Teresa Herrera Feminino é un torneo de fútbol feminino de carácter amigábel que ten lugar cada ano na cidade da Coruña, desde 2013.

Historia O torneo naceu en 2013, organizado polo Concello da Coruña, como a versión feminina do histórico Trofeo Teresa Herrera que leva disputándose dende 1946. A primeira edición enfrontou a dous equipos coruñeses, o Victoria CF e o Orzán SD, o 7 de outubro de 2013 no campo Rodrigo García Vizoso da Grela. Gañou por 3 goles a cero o Victoria, que revalidou o título ao ano seguinte fronte ao Boavista FC portugués, xa en Riazor.

En 2015 participou por primeira vez un equipo da Primeira División, o Rayo Vallecano, que goleou por 7-0 ao Victoria CF. Ao ano seguinte a gran novidade foi o Deportivo da Coruña Feminino, unha sección do club que se acababa de recuperar despois de décadas de ausencia. As branquiazuis conseguiron o título despois de derrotar na quenda de penaltis ao Villarreal. En 2017 e 2018 as vencedoras foron as xogadoras do Athletic de Bilbao, derrotando pola mínima nas dúas ocasións ao Deportivo, que caeu tamén en 2019 fronte ao UD Granadilla Tenerife (1-5).

En 2020 a pandemia de COVID-19 paralizou as competicións deportivas en case todo o mundo e cando estas regresaron fixérono a porta pechada ou con importantes restricións de capacidade. Con esta situación parecía que o ano remataría sen Teresa Herrera, pero en decembro anunciouse que, ao igual que o trofeo masculino, o feminino celebraríase o día 20, entre o Victoria CF e o Deportivo Feminino B, debido a que o primeiro equipo tiña partido de liga. O triunfo foi para o filial branquiazul despois de empatar a un gol e chegar aos penaltis.

Edicións NºAnoCampiónFinalEn pequeno, resultado da quenda de penaltis.SubcampiónI2013 Victoria CF3−0 Orzán SDII2014 Victoria CF2−1 Boavista FCIII2015 Rayo Vallecano7−0 Victoria CFIV2016 Deportivo da Coruña2−2 VillarrealV2017 Athletic Club1−0 Deportivo da CoruñaVI2018 Athletic Club1−0 Deportivo da CoruñaVII2019 UD Granadilla Tenerife5−1 Deportivo da CoruñaVIII2020 Deportivo da Coruña B1-1 Victoria CFIX2021 Valadares Gaia0−0 Deportivo da CoruñaX2022 Deportivo da Coruña2−2 FamalicãoXI2023 Deportivo da Coruña2−0 Alavés GloriosasXII2024 Deportivo da Coruña2−1 Athletic ClubXIII2025 Deportivo da Coruña2−0 Sporting de BragaXIV2026 Deportivo da Coruña2−0 Porto

Palmarés EquipoTítulosAnos Deportivo da Coruña62016, 2022, 2023, 2024, 2025, 2025 Victoria CF22013, 2014, Athletic Club22017, 2018 Rayo Vallecano12015 UD Granadilla Tenerife12019 Deportivo da Coruña B12020 Valadares Gaia12021

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Trofeo Teresa Herrera Deportivo da Coruña Feminino