Ayanda Denge, finada o 24 de marzo de 2019, foi unha muller trans surafricana e sobrevivente de tráfico de sexual. Foi unha defensora das persoas transxénero, as superviventes de tráfico sexual, e da abolición da prostitución. Foi a presidenta da Sex Workers Education and Advocacy Taskforce (SWEAT, en galego Grupo de Traballo de Educación e Defensa das Traballadoras Sexuais). Denge dixo que, "ser transxénero é unha tripla dose de estigmización e discriminación".
Traxectoria Denge proviña do pobo xhosa, e medrou na cidade de Porto Elizabeth, no Cabo Oriental.
Denge empezou a traballar en Xohanesburgo, e máis tarde viaxou a outras cidades surafricanas como Harare, Durban, Cidade de Cabo, Porto Elizabeth, e Cataratas Victoria. Foi traballadora sexual durante máis de 15 anos.
Denge traballou como coordinadora para o Sisonke Sex Worker Movement (Sisonke, en galego Movemento de Traballadoras Sexuais de Sisonke) durante dous anos. Denge foi a presidenta da Sex Workers Education and Advocacy Taskforce (SWEAT, en galego Grupo de Traballo de Educación e Defensa das Traballadoras Sexuais). Foi defensora das persoas transxénero, das traballadoras sexuais, e da despenalización do traballo sexual. No seu traballo con SWEAT, Denge capacitou a 50 educadores de pares, e traballou como oradora motivacional sobre "concienciación sobre o cancro, concienciación sobre a SIDA, e cuestións de defensa dos dereitos humanos relacionados co traballo sexual".
Denge falou no lanzamento en agosto de 2015 en Cidade do Cabo da Coalición Asijiki para a Despenalización do Traballo Sexual. A organización inclúe traballadoras sexuais, activistas, e defensores dos dereitos humanos. O Comité directivo está formado por Sisonke Sex Worker Movement (Sisonke), o Women's Legal Centre (WLC), a Sex Worker Education and Advocacy Taskforce (SWEAT) e Sonke Gender Justice.
Denge foi entrevistada polo Daily Vox mentres participaba na Conferencia Internacional sobre a SIDA en 2016 en Durban, "Ser transxénero non é unha dose dobre, é máis unha dose tripla de estigmatización e discriminación."
Foi atopada asasinada en marzo de 2019 nunha casa ocupada polo movemento Reclaim the City, onde vivía en Cidade do Cabo.
Notas
Categoría:Activistas LGBT de Suráfrica Categoría:Finados en 2019 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en ano descoñecido