200px|miniatura|Caroline Link, directora do filme gañador Os seguintes 54 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 75ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación da China, Finlandia, Alemaña, México e os Países Baixos. O galardón recaeu sobre Alemaña, co filme Nirgendwo in Afrika, dirixido por Caroline Link.

Afganistán, Bangladesh e o Chad presentaron os seus filmes por vez primeira.

Propostas País Título Lingua(s) Director(es) Resultado Fire Dancer Pashto e inglés Jawed Wassel Nirgendwo in Afrika Alemán e suahili Caroline Link Rachida Francés e árabe Yamina Bachir-Chouikh Kamchatka Castelán Marcelo Piñeyro Gebürtig Alemán Robert Schindel e Lukas Stepanik Matir Moina Bengalí Tareque Masud Le fils Francés Jean-Pierre e Luc Dardenne Cidade de Deus Portugués Fernando Meirelles Podgryavane na vcherashniya obed Búlgaro Kostadin Bonev Un crabe dans la tête Francés André Turpin Abouna Árabe e francés Mahamat Saleh Haroun Divoké včely Checo Bohdan Sláma Ogú y Mampato en Rapa Nui Castelán Alejandro Rojas Heroe Mandarín Zhang Yimou Los niños invisibles Castelán Lisandro Duque Naranjo Oasiseu Coreano Lee Chang-dong Fine mrtve djevojke Croata Dalibor Matanić Nada Castelán Juan Carlos Cremata Malberti Elsker dig for evigt Dinamarqués Susanne Bier Kruté radosti Eslovaco Juraj Nvota Zvenenje v glavi Esloveno Andrej Košak Los lunes al sol Castelán Fernando León de Aranoa A Girl's Secret Árabe Magdy Ahmed Aly Mga Munting Tinig Tagalo Gil M. Portes Mies vailla menneisyyttä Finés Aki Kaurismäki 8 femmes Francés François Ozon To monon tis zois tou taxeidion Grego Lakis Papastathis Tian mai zhuan qiO filme foi descualificado porque o diálogo estaba completamente en inglés e non nunha lingua estranxeira Inglés Peter Pau Hukkle Húngaro György Pálfi Devdas Hindi Sanjay Leela Bhansail Ca-bau-kan Indonesio Nia diNata Man, Taraneh, panzdah sal daram Persa Rasul Sadrameli Hafið Islandés Baltasar Kormákur Broken Wings Hebreo Nir Bergman Pinocchio Italiano Roberto Benigni When Maryam Spoke Out Árabe mAssad Fouladkar Petites misères Francés Laurent Brandenburger e Philippe Boon El crimen del Padre Amaro Castelán Carlos Carrera Tyven, tyven Noruegués Trygve Allister Diesen Zus & Zo Neerlandés Paula van der Oest Edi Polaco Piotr Trzaskalski O Delfim Portugués Fernando Lopes EldraO Reino Unido escolleu orixinalmente The Warrior, mais non foi aceptado pola Academia Galés Tim Lyn Filantropica Romanés Nae Caranfil House of Fools Ruso e checheno Andrei Konchalovsky Labyrinth Serbio Miroslav Lekic Lilja 4-ever Sueco e ruso Lukas Moodysson Aime ton père Francés Jacob Berger Monrak Transistor Tailandés Pen-ek Ratanaruang The Best of Times Taiwanés, mandarín e hakka Chang Tso-chi La Boîte magique Francés e árabe Ridha Behi Dokuz Turco Ümit Ünal El último tren Castelán Diego Arsuaga La pluma del arcángel Castelán Luis Manzo Out Xaponés Hideyuki Hirayama

Controversias e cambios O anuncio dos filmes elixibles aprazouse pola presenza de catro filmes que podían non cumprir as regras: Hong Kong propuxo un filme de acción (The Touch) rodado completamente en inglés e Afganistán enviou por primeira vez un filme (Fire Dancer) que trata sobre afgáns-estadounidenses rodado principalmente en inglés e parcialmente en dari. Cando se estreou en Afganistán dobrouse ao dari e esta versión foi a que se enviou á Academia. O filme de Hong Kong foi descualificado, mais o afgán (cuxo director fora asasinado antes de acabar a posprodución) foi aceptado. O Reino Unido seleccionou The Warrior, produción británica ambientada na India falada en hindi e dirixida por Asif Kapadia, director británico de ascendencia india. O filme, gañador do premio da BAFTA ao mellor filme británico, foi descualificado porque segundo a Academia o hindi non é unha lingua indíxena do Reino Unido e o filme non trata sobre británicos nin ambientado no país. Finalmente foi substituído por Eldra, filme en galés. En 2006, a Academia modificou as regras para permitir a presenza de filmes en linguas non indíxenas. Palestina tratou de propor Divine Intervention, mais a Academia considerou que Palestina non era considerado un país nin tiña un comité nacional de selección.Palestinian film denied Oscars entry A decisión foi criticada porque países non recoñecidos ou non soberanos como Taiwán, Hong Kong e Porto Rico si podían presentar filmes. A Academia modificou a decisión o ano seguinte e Divine Intervention puido participar.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Official website of the Academy Awards

75 Categoría:Cinema en 2002