A Associaçom de Estudos Galegos (AEG) é un colectivo cívico-cultural, científico e laico sen fins de lucro que ten por obxectivo fundamental estabelecer e regular, a través do seu órgano académico Comissom Lingüística da AEG, unha norma do galego que, con criterio reintegracionista, sexa esencialmente solidaria e convenientemente autónoma en relación ás normas idiomáticas en uso na área lingüística e cultural galego-luso-africano-brasileira, ben como organizar actividades e elaborar materiais concibidos para a promoción social do galego e de tal padrón lingüístico galego. A AEG naceu en 2016 na secuencia da dimisión da maior parte dos membros da Comissom Lingüística da AGAL, após o novo Consello desa Asociación ter promovido, en contra do criterio prevalecente naquela Comisión, a chamada "aglutinación normativa", que pretende fusionar a norma galega reintegracionista, tradicionalmente defendida pola AGAL e agora promovida pola AEG, coa norma lusitana.

O primeiro Presidente da AEG (2016-2021) foi o economista Joám Lopes Facal, sucedido no cargo polo filólogo Jorge Rodrigues Gomes. Presidente da Comissom Lingüística da AEG, desde 2016, é o lingüista Carlos Garrido Rodrigues, tendo actuado como Secretario da Comissom, entre 2016 e 2021, Jorge Rodrigues, e, a partir de 2022, o filólogo Diego Bernal.

A AEG, que dispón do sitio internético www.aeg.gal, edita a revista cultural Kallaikia: Revista de Estudos Galegos, coordenada por Maurício Castro e que publica traballos de investigación e de alta divulgación nos campos da filoloxía, da historia, da economía, da política, da arte e das ciencias naturais. A Comissom Lingüística da AEG ten até agora elaborado e publicado as seguintes obras: Dicionário Galego do Futebol: Galego-Português, Espanhol, Inglês, Alemám (2016), Dicionário Galego do Basquetebol: Galego-Português, Espanhol, Inglês (2016), Comparativa dos Três Padrons: Galego, Luso, Brasileiro (I–V) (2017), Compêndio Atualizado das Normas Ortográficas e Morfológicas do Galego-Português da Galiza (2017) e Prontuário de Apelidos Galegos (2019).

Fundación O sábado día 16 de xaneiro de 2016, tivo lugar na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela o acto de presentación da Associaçom de Estudos Galegos (AEG). Esta nova organización prometeu traballar para a "padronización da nosa lingua a nivel académico, científico e social", misión que se realizará a partir de "unha aposta clara na plena soberanía nacional e lingüística do noso povo"

Membros fundadores O grupo promotor da asociación está formado polas seguintes persoas:

Afonso Mendes Souto. A Coruña. Alba Marinha Souto. Santiago de Compostela. Álvaro Garrido Rodrigues. Ourense. Beatriz Bieites. Santiago de Compostela. Carlos Garrido Rodrigues. Vigo. Dores Valcárcel Guitiám. A Coruña. Eva Cortinhas Ferreira. A Mariña. Gonçalo Gonçales. Múnic, Alemaña. Helena Sabel. Santiago de Compostela. Jacobe Pintor. Lugo. Jesus Miguel Conde. Vigo. Joám Lopes Facal. Costa da Morte. Joám Luís Ferreiro Caramês. Ferrol. Jorge Rodrigues Gomes. Vigo. José A. Corral Iglésias. A Coruña. José António Souto Cabo. Santiago de Compostela. José Cadaveira. Santiago de Compostela. Luzia Jurjo. Santiago de Compostela. Maca Igrejas. Santiago de Compostela. Marcos Lopes. Santiago de Compostela Maria Vila Verde. Lugo. Maurício Castro Lopes. Ferrol. Paulo Painceiras. Santiago de Compostela. Paulo Valério Árias. A Coruña. Pim Patinho Penya. Ferrol. Raquel Paz Lopes. Narón.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da AEG Todos os artigos marcados como "Associaçom de Estudos Galegos"

Categoría:Asociacións culturais de Galicia Categoría:Planificación e política lingüística Categoría:Entidades de promoción do galego Categoría:Reintegracionismo