Zindagi Tamasha é un filme paquistaní de 2019 dirixido por Sarmad Khoosat, cuxo título está inspirado nunha canción de Naukar Wohti Da (1974). Foi producido pola irmá de Khoosat, Kanwal Khoosat e foi escrito por Nirmal Bano. Está protagonizado por Arif Hassan, Eman Suleman, Samiya Mumtaz e Ali Kureshi. O filme tiña prevista a súa estrea o 24 de xaneiro de 2020 baixo o selo Khoosat Films, mais a Xunta Central de Censores de Cinema de Paquistán pediulle ó director que se achegase ó Consello de Ideoloxía Islámica para que revisase criticamente o seu filme. O filme amosa un retrato íntimo dunha familia que vive en Lahore.

Foi escollido como candidato de Paquistán para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Arif Hassan como Rahat Khawaja Samiya Mumtaz Eman Suleman como Sadaf Ali Kureshi como Danish

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Paquistán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua urdú Categoría:Filmes en lingua panxabí Categoría:Filmes de Paquistán