O Satakunnansilta (en galego Ponte de Satakunta) é unha ponte situada no centro da cidade de Tampere (Finlandia), cruzando o Tammerkoski. A ponte forma parte da rúa Satakunnankatu e é empregada tanto como para tráfico rodado como para peóns.

A ponte de pedra conta con seis arcos de 17 metros. A ponte ten 11,75 metros de ancho e unha lonxitude de 112,6 metros.

Historia Pequena ponte Antes da construción do Satakunnansilta existía no mesmo lugar outra ponte chamada Pikkusilta (en galego Pequena ponte) e construída en 1858. Era unha ponte de madeira estreita feita só para camiñar. A ponte foi construída para facilitar o paso ás persoas que traballaban na fábrica. Tiña dúas partes e pasaba por Konsulinsaari. A parte occidental da ponte comezaba no mesmo lugar que a ponte actual e descendía abruptamente ata Konsulinsaari. A parte oriental estaba próxima á superficie da auga e o seu punto final estaba próximo á factoría de Tampella. Estaba tan próximo á auga que cando o Tammerkoski medraba en primavera non se podía cruzar a ponte cos pés secos. Foi a segunda ponte sobre o Tammerkoski. Daquela a ponte que estaba situada no lugar que actualmente ocupa Hämeensilta era coñecida co nome de Isoksisillaksi.

Construción de Satakunnansilta Entre 1870 e 1900 a área de Tampere triplicouse e a súa poboación multiplicouse por cinco. Ao mesmo tempo tamén se incrementou o volume de tráfico e a construción dunha nova vía de entrada converteuse nun tema de interese e actualidade. A ponte foi deseñada polo enxeñeiro Karl Snellman. Foi construída entre 1897 e 1900 e inaugurada o 9 de outubro de 1900. Cando se finalizou a súa construción en 1900 a ponte cubriu unha gran parte da Konsulinsaari. Ao mesmo tempo bloqueouse o acceso á illa e as operacións do restaurante finalizaron.

Renovación da ponte En 2013 as varandas da ponte renováronse ao deseño orixinal, e en 2014 as farolas substituíronse co deseño orixinal.

thumb|1000px|centre|Panorámica de Satakunnankatu.

Notas

Categoría:Pontes de Tampere