Manuel Costas Comesaña, coñecido como Ligero, nado en Navia (Vigo) cara a 1915 e finado en Mos o 22 de setembro de 1936, foi un albanel e político galego. Traxectoria

Fillo de Manuel Costas e Brigida Comesaña. Albanel veciño de Breadouro (Coruxo). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado en Mos na madrugada do 22 de setembro de 1936 con Basilio Rodas Pérez e Eladino García Estévez. Os seus cadáveres apareceron na estrada do Porriño a Gondomar.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas A noite dos mozos solteiros

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1936