thumb|O motor 1.5L 8 en liña supercharged 159. thumb|Cockpit. thumb|Alfa Romeo 159 en Nürburgring. O Alfa Romeo 158/159, tamén coñecido como o Alfetta (Alfa pequeno ou Alfiña en italiano), é un coche de carreiras Grand Prix producido polo fabricante italiano Alfa Romeo. É un dos coches de carreiras máis exitosos que se produciron: o 158 e o seu derivado, o 159, obtiveron 47 vitorias de 54 Grandes Premios inscritos. Foi desenvolvido orixinalmente para a fórmula voiturette anterior á segunda guerra mundial (1937) e tiña un motor sobrealimentado de 1,5 litros de 8 cilindros en liña. Despois da segunda guerra mundial, o coche foi acptado para a nova Fórmula Un introducida en 1947. En mans de pilotos como Nino Farina, Juan Manuel Fangio e Luigi Fagioli, dominou as dúas primeiras tempadas do Campionato Mundial de Pilotos.
Visión xeral A primeira versión deste exitoso coche de carreiras, o 158, fíxose durante 1937/1938. A principal responsabilidade da enxeñaría foi de Gioacchino Colombo. A clase voiturette era para coches de carreiras con motores de 1,5 litros, situándose na mesma relación coa fórmula superior do Gran Premio (normalmente para motores de 3 litros) que a Fórmula Dous fai hoxe coa Fórmula Un. Os coches de carreiras de 3 litros de Alfa en 1938 e 1939 eran o Tipo 308, 312 e 316.
O 158 debutou co equipo oficial Alfa Corse na Coppa Ciano Júnior en agosto de 1938 en Livorno, Italia, onde Emilio Villoresi logrou a primeira vitoria do coche. Nese momento o motor de 1479,56 cc (58,0 x 70,0 mm) producía ao redor de a 7000 rpm. coa axuda dunha compresor Roots dunha sóa etapa. Máis éxito obtivo na Coppa Acerbo, Coppa Ciano e Gran Premio de Trípoli en maio de 1940. Pronto a segunda guerra mundial parou o desenvolvemento do coche durante seis anos. Despois da guerra, o motor desenvolveuse aínda máis para empurrar en 1946.
En 1947, o Alfetta púxose de novo en servizo. As novas regras permitían 1500 cc sobrealimentados e 4500 cc de motores de aspiración natural. O 158 volveuse modificar, esta vez para producir máis de e definiuse como Tipo 158/47. O coche fixo un tráxico debut no Gran Premio de Suíza de 1948, onde Achille Varzi perdeu o control do seu coche e morreu. Outra perda para o equipo produciuse na práctica para o Gran Premio de Bos Aires de 1949, onde Jean-Pierre Wimille morreu nun accidente (conducindo con Simca-Gordini).
En 1950, o 158 declarouse apto para o novo Campionato Mundial de Pilotos. O coche gañou todas as carreiras nas que competiu durante a primeira tempada de Fórmula Un, era incrible que un coche orixinario de 1938 resultara tan vitorioso, moi probablemente porque todos os outros construtores (poucos como había) tiñan menos cartos para construír e desenvolver os seus coches e o Alfa tiña moito tempo de desenvolvemento. O equipo Alfa Romeo incluía pilotos con talento como Giuseppe Farina e Juan Manuel Fangio, o último dos cales máis tarde gañou o Campionato Mundial de Pilotos cinco veces.
Ao final da tempada de Fórmula 1, produciuse unha versión máis actualizada, coñecida como 159, que se usou para a tempada . Esta versión tiña a suspensión traseira remodelada, o vello eixo abatible substituíuse por un eixo De-Dion e o motor produciu ao redor de a 9600 rpm. O 159 tiña unha velocidade máxima de 305 km/h e pesaba 710 kg.Fiat Chrysler Automobiles EMEA Press: Alfa Romeo GP Tipo 159 Alfetta at F1 British GP - Press Releases - Fiat Chrysler Automobiles EMEA Press , accessdate: 11 de xullo de 2019 Con todo, para conseguir esta potencia, o motor de deseño simplista foi equipado con supercargadores máis grandes ao longo do tempo. Este feito, combinado coa rica mestura necesaria para queimar metanol no motor deu lugar a unha economía de combustible extremadamente pobre: os 159 consumian 190 litros cada 100 km., en comparación cos Talbot-Lagos da época , que consumian 31 litros cada 100 km.. O Gran Premio do Reino Unido de 1951 en Silverstone foi o primeiro Gran Premio de Fórmula Un que non gañou un Alfa principalmente porque Fangio e Farina tiveron que parar dúas veces simplemente para recargar os seus coches, e o Ferrari de José Froilán González ao consumir menos combustible gañou a carreira, con Fangio segundo. Aínda así, o Alfa tivo vantaxes no rendemento e con vitorias en Suíza, Francia e España, Fangio gañou o primeiro dos seus cinco grandes premios ese ano. Para a súa penúltima carreira no Campionato Mundial (ata 1979), o Gran Premio de Italia no Monza, Alfa Romeo introduciu unha nova versión evolucionada coñecida como 159M, a "M" que significa Maggiorata ("ampliada").
Despois dunha proposta sen éxito de Alfa Romeo para obter axuda do goberno para facer fronte aos custos de desenvolvemento, o equipo anunciou a súa retirada das carreiras de Gran Premio a finais de 1951 (deixando o desenvolvemento do Alfa Romeo 160 de 2´5 litros).Mike Lang, Grand Prix, Volume 1, 1950 to 1965, Haynes Publishing Group, 1981, page 39 Isto, combinado con problemas para outros equipos de Fórmula Un levou a un decreto da FIA que todas as carreiras do Gran Premio para o Campionato Mundial de Pilotos de 1952 e 1953 serían para coches que cumprisen a regulamentación da Fórmula 2 en lugar de Fórmula Un.
A última vitoria do Gran Premio do coche produciuse en 1953 no Gran Premio de Merano, Italia.
Vitorias nas carreiras Data Tipo Carreira Localización Clase Piloto7 de agosto de 1938158Coppa CianoLivornoVoituretteEmilio Villoresi11 de setembro de 1938158Gran Premio de MilánMonzaVoituretteEmilio Villoresi30 de xullo de 1939158Coppa CianoLivornoVoituretteGiuseppe Farina13 de agosto de 1939158Coppa AcerboPescaraVoituretteClemente Biondetti20 de agsoto de 1939158Gran Premio de SuízaBremgartenVoituretteGiuseppe Farina12 de maio de 1940158Gran Premio de TrípoliLibiaVoituretteGiuseppe Farina21 de xullo de 1946158Gran Premio das NaciónsXenebra, Suíza-Giuseppe Farina1 de setembro de 1946158Gran Premio de ValentinoTurín, Valentino ParkF1 fóra de campionatoAchille Varzi30 de setembro de 1946158Gran Premio de MilánMilán, Sempione Park-Carlo Felice Trossi8 de xuño de 1947158Gran Premio de SuízaBremgarten-Jean-Pierre Wimille29 de xuño de 1947158Gran Premio de EuropASpa-Jean-Pierre Wimille13 de xuño de 1947158Gran Premio de BariBari-Achille Varzi7 de setembro de 1947158Gran Premio de ItaliaMilán, Sempione Park-Carlo Felice Trossi4 de xullo de 1948158Gran Premio de SuízaBremgarten-Carlo Felice Trossi18 de xullo de 1948158Gran Premio de FranciaReims-Jean-Pierre Wimille5 de setembro de 1948158Gran Premio de ItaliaTurín, Valentino Park-Jean-Pierre Wimille17 de outubro de 1948158Gran Premio AutodromoMonza-Jean-Pierre Wimille16 de abril de 1950158Gran Premio de San RemoOspedaletti-Juan Manuel Fangio13 de maio de 1950158Gran Premio de EuropaSilverstoneFórmula 1Giuseppe Farina21 de maio de 1950158Gran Premio de MónacoMónacoFórmula 1Juan Manuel Fangio4 de xuño de 1950158Gran Premio de SuízaBremgartenFórmula 1Giuseppe Farina18 de xuño de 1950158Gran Premio de BélxicaSpaFórmula 1Juan Manuel Fangio2 de xullo de 1950158Gran Premio de FranciaReimsFórmula 1Juan Manuel Fangio9 de xullo de 1950158Gran Premio de BariBari-Giuseppe Farina30 de xullo de 1950158Gran Premio das NaciónsXenebra, Suíza-Juan Manuel Fangio15 de agosto de 1950158Coppa AcerboPescara-Juan Manuel Fangio26 de agosto de 1950158International TrophySilverstoneF1 fóra de campionatoGiuseppe Farina3 de setembro de 1950158Gran Premio de ItaliaMonzaFórmula 1Giuseppe Farina27 de maio de 1951159Gran Premio de SuízaBremgartenFórmula 1Juan Manuel Fangio2 de xuño de 1951159Ulster TrophyDundrod-Giuseppe Farina17 de xuño de 1951159Gran Premio de BélxicaSpaFórmula 1Giuseppe Farina1 de xullo de 1951159Gran Premio de FranciaReimsFórmula 1Luigi Fagioli/Juan Manuel Fangio28 de outubro de 1951159Gran Premio de EspañaPedralbesFórmula 1Juan Manuel Fangio2 de setembro de 1951159Gran Premio de BariBari-Juan Manuel Fangio1953159Gran Premio de MeranoItalia-Juan Manuel Fangio
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Motor Modelo Pneu. Piloto 1 2 3 4 5 6 7 8 Puntos Pos. 158 Alfa Romeo 158 1.5 L8 GBR MON 500 SUI BEL FRA ITA88-* Giuseppe Farina 1 Ret 1 4 7 1 Juan Manuel Fangio Ret 1 Ret 1 1 Ret Luigi Fagioli 2 Ret 2 2 2 3 Reg Parnell 3 Gianbattista Guidotti NTS Consalvo Sanesi Ret Piero Taruffi Ret 159 Alfa Romeo 158 1.5 L8 SUI 500 BEL FRA GBR ALE ITA ESP75-* Giuseppe Farina 3 1 5 Ret Ret 3 3 Juan Manuel Fangio 1 9 1 2 2 Ret 1 Toulo de Graffenried 5 Ret 6 Consalvo Sanesi 4 Ret 10 6 Gianbattista Guidotti NTS Luigi Fagioli 1 Felice Bonetto 4 Ret 3 5 Paul Pietsch Ret * O Campionato de Construtores non celebrouse ata 1958.
Legado O 158/159 Alfetta segue sendo un dos coches máis exitosos da historia da Fórmula Un, gañando todas as carreiras nas que participou en e gañando 4 das 7 carreiras (cun podio en todas as outras 3) en .
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Museo Storico Alfa Romeo Alfa Romeo e as 3 “F” dominaron o Mundial de F1
Categoría:Coches de Fórmula 1 Categoría:Modelos de Alfa Romeo