Nikolai Nikolaievich Rukavishnikov, nado en Tomsk o 18 de setembro de 1932 e finado o 18 de outubro de 2002, foi un cosmonauta soviético que formou parte das misións Soiuz 10, Soiuz 16 e Soiuz 33.
Traxectoria Rukavishnikov graduouse no Instituto de Física e Enxeñaría de Moscova e de 1957 a 1967 traballou na OKB 1 con Korolev. Foi seleccionado como cosmonauta en 1967, participando nas misións Soiuz 10, Soiuz 16 e Soiuz 33 e pasando un total de 9,88 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz 10 Soiuz 16 Soiuz 33
Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Nados en Tomsk