Margaret Evelyn "Maggie" Simpson é un personaxe de ficción da serie de televisión de debuxos animados The Simpsons. É a filla pequena de Homer e Marge Simpson e a irmá de Bart e Lisa. Ten un notable protagonismo na serie, aínda que é un dos personaxes principais con menos popularidade.

Maggie foi concibida polo caricaturista Matt Groening e debutou na televisión o 19 de abril de 1987, na curtametraxe de debuxos animados titulada "Good Night" do programa de variedades The Tracey Ullman Show.

Véxase tamén Ligazóns externas Maggie Simpson na Internet Movie Database

Simpson, Maggie