El Pueblo Vasco foi un xornal español editado en Bilbao entre 1910 e 1938.

Traxectoria Tiña unha periodicidade diaria e estaba editado en castelán na cidade biscaíña de Bilbao e o seu primeiro número datouse o 1 de maio de 1910.

Nos seus inicios foi unha publicación de ideoloxía monárquica e tendencia maurista. O xornalista guipuscoano Juan de la Cruz Elizondo foi o seu primeiro director, cargo que exerceu durante vinte e oito anos —entre 1910 e 1938—. O xornal, de ideoloxía conservadora, apoiou o golpe de estado de xullo de 1936 e tralo estalido da Guerra civil deixou de se publicar, aínda que reapareceu en 1937 trala entrada das tropas franquistas na cidade. Tivo como colaborador, entre outros a Esteban Bilbao.

Cesou de se editar definitivamente o 12 de abril de 1938 cando se fusionou con El Correo Español para dar lugar á cabeceira conxunta El Correo Español-El Pueblo Vasco.

En San Sebastián, editouse tamén unha publicación coa mesma cabeceira: El Pueblo Español.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:Xornais de España desaparecidos Categoría:Xornais do País Vasco