Equidna (tamén chamada a Víbora) era, na mitoloxía grega, un ser monstruoso con tronco de muller pero terminado como unha serpe. Era filla de Forcis e Ceto (fillos tamén monstruosos de Ponto e Xea), aínda que para outros mitógrafos sería filla de Tártaro e Xea Pseudo-Apolodoro II, 1, 2., ou de Crisaor e Calñirroe.

Adoitaba devorar ós camiñantes no Peloponeso, ata que lle deu morte Argos Panoptes (de cen ollos), fillo de Arestor Pseudo-Apolodoro II, 1, 2..

A súa descendencia tamén foi monstruosa, con diferentes parellas. De Tifón tivo a Cérbero (o gardián do Hades), a Ortro (o can pastor de Xerión, con dúas cabezas), a Hidra de Lerna (serpe de múltiples cabezas á que tivo que matar Heracles) e Quimera (con cabeza de león, unha cabeza de cabra no lombo e cola de serpe).

Uníndose ó seu fillo Ortro tivo a Fix (un monstro que causaba estragos entre os cadmeos) e o León de Nemea (a quen tamén matou Heracles).

Algunhas fontes engaden como fillos seus á aguia que comía o fígado de Prometeo, eternamente, e o dragón que vixiaba na Cólquide o vélaro de ouro. Pseudo-Apolodoro asegura que Ladón tamén era fillo de Tifón e Equidna, un dragón de cen cabezas que vixiaba as mazás de ouro do xardín das Hespérides Pseudo-Apolodoro II, 5, 11., aínda que Hesíodo di que era fillo de Ceto e Forcis Hesíodo: Teogonía 333-336.. Hixino insire na lista de fillos monstruosos a Escila, que tiña a metade superior de muller e a inferior de cadela, e seis cans brotaban do seu corpo Hixino: Fábulas 151..

Nas colonias gregas no Mar Negro circulaba outra lenda. Cando Heracles regresaba de roubar os Bois de Xerión, chegou a Escitia (ó norte do delta do Danubio) e deixou os seus cabalos a pacer. Cando acordou xa non estaban, pero achou a Equidna, que lle prometeu devolverllos se aceptaba ter sexo con ela. E así tiveron tres fillos: Agatirso, Gelono e Escites Heródoto IV, 9-10..

Participou, co seu compañeiro Tifón, na rebelión contra Zeus (coñecida como Tifonomaquia). Aínda que foron derrotados, Zeus non os matou, nin ós seus fillos, e permitiu a súa existencia como desafío para os futuros heroes.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981. HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]. Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA. HIXINO: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].

Categoría:Criaturas da mitoloxía grega