A rúa Jenaro de la Fuente é unha rúa situada en Vigo. Ten unha lonxitude de 400 metros e dous carrís en cada sentido. Ten a súa orixe nunha rotonda que a comunica coa Travesía de Vigo, e remata noutra rotonda que deriva na rúa Aragón. Leva o nome de Jenaro de la Fuente Domínguez (1851-1922), arquitecto valisoletano aveciñado en Vigo, cidade onde desenvolveu a meirande parte da súa actividade profesional.
En 2010 a rúa foi obxecto dunha humanización, ampliáronse as beirarrúas e construíuse un aparcadoiro subterráneo.
Véxase tamén Outros artigos Jenaro de la Fuente Domínguez
Categoría:Rúas de Vigo