O Vao foi unha aldea da parroquia de Manín, no concello de Lobios, pertencente á comarca da Baixa Limia, na provincia de Ourense. Desapareceu asolagada polo encoro de Lindoso (Portugal) en xaneiro de 1992, xunto con Aceredo, Buscalque e a Reloeira (Entrimo). Localización
O Vao é unha aldea asolagada de Lobios dentro do perímetro do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés, desde a súa declaración o 21 de febreiro de 1993 (DOG nº 35 do 22-02-1993). Desde 2009 forma parte da Reserva da biosfera transfronteiriza galego-portuguesa Gerês-Xurés. Patrimonio
No Vao había unha capela onde se veneraba a santo Antonio de Padua cada 13 de xuño.
Galería
Panorámicas
Libros ASULAGADAS. Á memoria do val do Limia: Aceredo, Buscalque, O Vao, Reloeira de Suso Díaz, (Positivas, 2021). ISBN 978-84-124754-7-0
Lugares e parroquias Lugares de Manín
Aceredo (asolagado)
Parroquias de Lobios
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lobios
Categoría:Lugares de Lobios Categoría:Despoboados da provincia de Ourense