Mesoplodon ginkgodens, coñecido na bibliografía internacional, entre outros, cos nomes de zifio de Ginkgo e zifio xaponés, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,Mesoplodon ginkgodens Nishiwaki & Kamiya, 1958 no WoRMS. Consultado o 2 de xanero de 2021. unha das quince integradas hoxe no xénero Mesoplodon.Masoplodon Gervais, 1850 no WoRMS. Consultado o 2 de xaneiro de 2021.

Antigamente identificada como outras especies do xénero, distribúese en augas tropicais e temperadas dos océanos Índico e Pacífico.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1958 polos ictiólogos xaponeses M. Nishiwaki e T. Kamiyano seu traballo "A beaked whale Mesoplodon stranded at Oiso Beach, Japan". The Scientific Reports of the Whales Research Institute, Tokyo 13: 53-83.

Etimoloxías Para a do xénero, ver Mesoplodon.

O epíteto específico, ginkgodens, foi outorgado polos científicos que describiron a especie, que relacionaron a forma dos dosu únicos dentes que posúe (presentes soamente na mandíbula dos machos), coa forma das follas da árbore Ginkgo biloba xaponés, coa adición do nome latino dens, "dente". Literalmente, "o de dentes de ginkgo".Tirira, D. G.(2004): Nombres de los Mamíferos del Ecuador. Quito: Ediciones Murciélago Blanco y Museo Ecuatoriano de Ciencias Naturales. Publicación Especial de los Mamíferos del Ecuador 5.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos. Mesoplodon bidens Nishiwaki, 1957 (identificación errónea) Mesoplodon densirostris Ogawa, 1938 (identificación errónea) Mesoplodon hotaula Deraniyagala, 1963. Mesoplodon ginkgodens Nishiwaki & Kamiya, 1958 en MSW.

Características As principais características de Mesoplodon ginkgodens son:Mesoplodon ginkgodens Nishiwaki y Kamiya (1958) en bioweb.bio .Pitman, R. L. (2002): "Mesoplodont whales Mesoplodon spp. En: W. F. Perrin, B. Wursig & J. G. M. Thewissen, eds., Encyclopedia of Marine Mammals. Cambridge, Massachusetts, USA: Academic Press. ISBN 978-0-1237-3553-9, pp. 738-742.MacLeod, C. (2000): "Species Recognition as a Possible Function for Variations in Position and Shape of the Sexually Dimorphic Tusks of Mesoplodon Whales". Evolution, 54: 2171-2173.

É un zifio de tamaño mediano. O seu corpo é fusiforme, coa parte máis ancha contra o medio deste. A coloración pode ser parda escura, gris escura ou negra. As femias e os xuvenís presentan a parte ventral máis clara. Os machos adultos adoitan seren de cor gris escura, con áreas lixeiramente máis claras cara ao fociño e cunha mancha pálida máis notoria á altura da garganta. Os adultos mostran manchas brancas nas partes posterior e ventral, probabelmente producidas pos peixes parasitos, como as lampreas. O fociño é alongado e a fronte pouco evidente. O melón é pequeno a arredondado. Presenta dous sucos na garganta. Os machos presentan dous dentes, un a cada lado da mandíbula, situados a dous terzos da lonxitude da boca. Nos machos a comisura da boca cúrvase abruptamente na metade posterior do fociño, rematando nunha liña recta. Pódese observar que só as puntas dos dentes sobresaen da enxiva. A aletas son anchas en relación ao corpo, que está deprimido lateralmente contra a aleta caudal. O rostrum e a mandíbula forman un bico que non se distingue da lixeira inclinación que presenta a fronte.

Especies similares Mesoplodon densirostris ten máis pronunciada a comisura da boca, cun claro arco. Mesoplodon peruvianus é máis pequeno e ten o corpo máis pálido. Ademais, ambas as especies presentan o corpo cuberto con numerosas ou poucas manchas e raias pálidas.Tirira, D. G. (2007): Mamíferos del Ecuador. Guía de campo. Quito: Ediciones Murciélago Blanco. Publicación Especial de los Mamíferos del Ecuador 6.

Distribución e hábitat Distribución Esta especie coñécese tan só a partir dunhas poucas ducias de varamentos e capturas amplamente dispersos (sen avistamentos confirmados) en augas temperadas e tropicais dos océanos Índico e Pacífico, desde Sri Lanka ao leste até as costas de América do Norte (California) e as illas Galápagos.Mead, J. G. (1989): "Beaked whales of the genus Mesoplodon". En: S. H. Ridgway & R. Harrison, eds. Handbook of marine mammals, Vol. 4: River dolphins and the larger toothed whales, ISBN 978-0-1258-8504-1, pp. 349-430. Cambridge, Massachusetts, USA: Academic Press. Hai tamén algúns rexistros en Nova Zelandia e Australia, o que indica que tamén habita no sur do Pacífico. A maioría dos rexistros proveñen dos mares do Xapón. Tamén houbo avistamentos do que puido ser esta especie no mar Arábigo. En xeral, formúlase a hipótese de que a súa área de distribución é continua no Pacífico e, polo menos, até o leste do Índico, pero até que a especie poida identificarse de maneira confiábel no mar, a súa verdadeira distribución probabelmente seguirá sendo descoñecida.Macleod, C. D., Perrin, W. F., Pitman, R. L., Barlow, J., Balance, L., D'amico, A., Gerrodette, T., Joyce, G., Mullin, K. D., Palka, D. L. & Waring, G. T. (2006): "Known and inferred distributions of beaked whale species (Ziphiidae: Cetacea)". Journal of Cetacean Research and Management 7 (3): 271-286.

Hábitat Mesoplodon densirostris encóntrase nas augas tropicais e temperadas da rexión Indo-Pacífica. Ao igual que outras especies do xénero, crese que se atopa principalmente en augas profundas de mar aberto.

Bioloxía A diferenza de todos os demais membros coñecidos dos zifíidos, non hai evidencias de que os machos teñan comportamentos agresivos e participen en combates, xa que non presenta marcas ou cicatrices no corpo produto de pelexas, aínda que isto pode deberse a un tamaño de mostra limitado. Probabelmente aliméntase principalmente de luras, pero tamén pode capturar algúns peixes. Non se coñecen outras informacións.

Ameazas Estes zifios foron capturados ocasionalmente por baleeiros xaponeses e taiwaneses, dos que algúns foron enmallados en redes de deriva en augas profundas. Esta especie, ao igual que outros zifios, é probábel que sexa vulnerábel a ruídos antropoxénicos fortes, como os xerados polos sónares da Mariña e polas exploracións sísmicas.Cox, T. M. et al. (2006): "Understanding the impacts of anthropogenic sound on beaked whales". Journal of Cetacean Research and Management 7 (3): 177-187. O uso do sonar activo desde embarcacións militares relacionouse con varamentos masivos deste zifio.Wang, J. Y. & Yang, S. C. (2006): "Unusual cetacean stranding events of Taiwan in 2004 and 2005". Journal of Cetacean Research and Management 8: 283-292.Yang, W. et al. (2008): "Unusual cetacean mortality events in Taiwan, possibly linked to naval activities". Veterinary Record 162: 184-186.

A evidencia de individuos varados de varias especies similares indica que tragaron artigos de plástico desbotados, o que eventualmente pode conducir á morte,Scott, M. D.et al. (2001): "A note on the release and tracking of a rehabilitated pygmy sperm whale (Kogia breviceps)". Journal of Cetacean Research and Management 3 (1): 87-94. polo que esta especie tamén pode estar en risco.

Os impactos previstos do cambio climático global no medio mariño poden afectar a esta especie, aínda que a natureza dos impactos non está clara.Learmonth, J. A. et al. (2006): "Potential effects of climate change on marine mammals". Oceanography and Marine Biology: An Annual Review 44: 431-464.

Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que non hai información sobre a abundancia ou as tendencias da poboación en desta especie pero, como especie relativamente pouco común, é potencialmente vulnerábel a ameazas de baixo nivel, e non se pode descartar unha redución global do 30 % en tres xeracións, cualifica o seu status como DD (datos insuficientes).Taylor, B. L.; Baird, R.; Barlow, J.; Dawson, S. M.; Ford, J.; Mead, J. G.; Notarbartolo di Sciara, G.; Wade, P. & Pitman, R. L. (2008): Mesoplodon ginkgodens na Lista vermella da UICN. Versión 2020-3. Consultada o 2 de xaneiro de 2021.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Nishiwaki, M. & T. Kamiya. (1958): "A beaked whale Mesoplodon stranded at Oiso Beach, Japan". The Scientific Reports of the Whales Research Institute, Tokyo 13:53-83. Perrin, W. F. (2020): World Cetacea Database. Perrin, William F.; Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. Cambridge, Massachusetts, USA: Academic Press. ISBN 0-1255-1340-2. Reeves, Randall R.; Brent S. Steward; Phillip J. Clapham & James A. Owell (2002): Sea Mammals of the World. Londres: A & C Black. ISBN 0-7136-6334-0. Vallejo, A. F.; Boada, C.; Narváez, V. & Tinoco, N. (2018): "Mesoplodon ginkgodens". En: Brito, J.; Camacho, M. A.; Romero, V. & Vallejo, A. F., eds. Mamíferos del Ecuador. Versión 2018-0. Museo de Zoología, Pontificia Universidad Católica del Ecuador. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore,Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Zifíidos Mesoplodon

Ligazóns externas Mesoplodon ginkgodens na ADW. Con abundante información e bibliografía. Ginkgo Toothed Beaked Whale. Mesoplodon ginkgodens Nishiwaki & Kamiya 1958 na EOL. Ginkgo-toothed Beaked Whale. Mesoplodon ginkgodens .

Categoría:Ziphiidae Categoría:Cetáceos do océano Índico Categoría:Cetáceos do océano Pacífico Categoría:Animais descritos en 1958