Natalia Costas Lago é enxeñeira de Telecomunicacións e dende 2004 traballa como Técnico Superior de Comunicacións para o Centro de Supercomputación de Galicia.
Traxectoria Natalia Costas é enxeñeira de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo e mestrado en Seguridade da Información pola Universidade de Deusto. Tivo contacto coa informática dende pequena grazas a súa familia. Dende 2004 traballa no Centro de Supercomputación de Galicia, no mantemento e operación da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA) e dos servizos TIC. Colaborou, achegando coñecemento nas áreas de comunicacións e de infraestruturas e servizos de altas prestacións, en proxectos de innovación como SIGAIM, PASITO, Nuba ou MHScaE.
Está involucrada en iniciativas que promoven a presenza das mulleres nas TIC, como o programa Unha enxeñeira ou científica en cada cole.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Natalia Costa. CESGA
Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Enxeñeiros de telecomunicación