A relixión en Colombia está dominada por varias formas de cristianismo e é unha expresión dos diferentes patrimonios culturais da cultura colombiana que inclúe a colonización española, a nativa americana e a afrocolombiana, entre outras. Aínda que a liberdade relixiosa existe en Colombia dende o código de traballo do indíxena americano en tempos da colonia, a Igrexa católica mantén privilexios de facto e de iure, xa que o Concordato entre o Estado colombiano e a Igrexa católica consagrou o catolicismo como a relixión oficial no país dende 1886 ata a promulgación de liberdade de cultos en 1991. Porén, e como resultado de máis dun século de dominación relixiosa do catolicismo, a maioría dos seus habitantes aínda se declaran pertencentes a devandita igrexa.
Malia que o Estado non mantén estatísticas oficiais sobre a identidade relixiosa dos cidadáns, o Pew Research Center publicou un estudo no 2014 que sitúa os católicos en 79%, protestantes en 13%, irrelixiosos en 6% e outras relixións en 2%. Porén, existen diversidade de estimacións de fontes independentes e non independentes que varían amplamente, situando aos fieis das igrexas protestantes e pentecostais (a segunda maioría despois da Igrexa católica) en porcentaxes entre o 14% El Papa Francisco y la Religión en Chile y América Latina: Latinobarómetro 1995-2017, xaneiro de 2018. e o 35% do total da poboación en Colombia.
Liberdade relixiosa A Constitución colombiana de 1991 aboliu a anterior condición da Igrexa católica como relixión do estado, e inclúe dous artigos que proporcionan liberdade de relixión: Art. 13: Declara que "tódalas persoas nacen libres e iguais perante a lei" e que non serán discriminadas por razóns de "sexo, raza, orixe nacional ou familiar, lingua, relixión, opinión política ou filosófica". Art. 19: Que garantiza expresamente a liberdade de relixión. "A liberdade de relixión está garantida. Toda persoa ten dereito a profesar libremente a súa relixión e a difundila individual ou colectivamente. Tódalas relixións e igrexas son igualmente libres ante a lei."
Notas
Categoría:Relixión en Colombia
