José Juan Teijeira Coto, nado no Porriño cara a 1912 e finado en Guillarei (Tui) o 6 de agosto de 1936, foi un funcionario e político galego.

Traxectoria miniatura|250px|Monumento aos asasinados na Volta da Moura. Pintor de automóbiles. Pertenceu a Agrupación Socialista do Porriño. Logo do triunfo do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro do Porriño, tomando posesión o 10 de marzo.El Pueblo Gallego, 15-3-1936, p. 4. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Estaba preso na cadea de Tui. Foi sacado da cadea e asasinado na Volta da Moura o 5 de agosto de 1936 con Víctor Valverde Mayo e Saturnino Álvarez Sotelino.

Vida persoal Casou con Asunción Rodríguez Rodríguez en 1933,El Tea, 4-12-1933, p. 2. e foi pai de José Lenin e Ramona Teijeira Rodríguez.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Concelleiros do Porriño Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados no Porriño Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1936