Eunice Newton Foote, nada en Goshen, Connecticut, o 17 de xullo de 1819 e finada en Lenox, Massachusetts, o 30 de setembro de 1888, foi unha climatóloga e inventora estadounidense, tamén defensora dos dereitos das mulleres de Seneca Falls, Nova York. Foi unha destacada investigadora que descubriu unha clave para entender o efecto invernadoiro, o cambio climático, a ciencia do clima e a meteoroloxía.

Traxectoria Eunice Newton naceu en 1819 en Goshen (Connecticut), creceu en Bloomfield, Nova York, e asistiu ao Troy Female Seminary en 1836-37 onde estudou a teoría científica impartida por Amos Eaton. A súa nai era Thirza Newton. O seu padre era Isaac Newton Jr., procedente de Goshen, que máis tarde foi agricultor e emprendedor en East Bloomfield, Nova York.Tivo seis irmás e cinco irmáns.

De 1836 a 1838 Eunice estudou no Troy Female Seminary, que máis adiante se chamou Emma Willard School. Os estudantes do seminario podían atender a clases dunha facultade de ciencias próxima que posteriormente se converteu no Rensselaer Polytechnic Institute, onde Foote aprendeu os fundamentos de química e bioloxía. Alí foi influída polos libros de texto de Almira Hart Lincoln Phelps, irmá de Emma Willard, que foi unha pioneira das mulleres na ciencia, unha experta botánica e a terceira muller membro da AAAS.Emma Willard School Archives / Troy Female Seminary Catalogs Collection, Listaxe no catálogo de 1836-37 Porén, Foote careceu da vantaxe dunha boa formación en física experimental, en parte consecuencia da desigualdade de xénero do seu tempo e en parte polo desenvolvemento da ciencia estadounidense en comparación coa británica e europea.

Activista Foi membro do Comité Editorial para a Convención de Seneca Falls de 1848, a primeira convención de dereitos das mulleres; Foote foi unha das asinantes da Declaración de Seneca Falls (Declaration of Sentiments). Asinou co seu marido Elisha Foote e foi unha de cinco mulleres que prepararon os procedementos para a súa publicación.

Obra científica Concentracións de dióxido de carbono e relación coa variación de temperatura nos últimos 420 000 anos|miniatura|right|400px Foote levou a cabo unha serie de experimentos que demostraban as interaccións dos raios do sol sobre diferentes gases.

Usou unha bomba de ar, catro termómetros e dous cilindros de vidro. Colocou dous termómetros en cada cilindro e coa bomba de ar evacuou o ar dun cilindro e comprimiuno no outro. Permitiu que os dous cilindros acadasen a mesma temperatura e colocounos despois ao sol para medir a variación da temperatura en diferentes condicións de humidade. Realizou o experimento con CO2 (anhídrido carbónico), ar e hidróxeno. Dos gases que probou Foote concluíu que o que atrapaba máis calor era o CO2 acadando unha temperatura de 51,7 °C.

Sobre este experimento afirmou:

O profesor Joseph Henry presentou en 1856 na Asociación Estadounidense para o Avance da Ciencia o resultado dos experimentos de Foote con cilindros quentados ao sol cheos de diferentes gases titulado Circumstances affecting the heat of the sun's rays (“Circunstancias que afectan á calor dos raios de sol”). A maioría de divulgadores coincidiu en sinalar a discriminación de xénero da época como causa de que Foote non presentase o seu propio resultado, mais o certo é que as mulleres non tiñan prohibido realizar as súas propias presentacións, como demostrou a propia Foote presentando o seu segundo artigo na Asociación en 1857 despois de que o seu marido Elisha Foote se convertese en membro o ano anterior por recomendación de Joseph Henry.

O profesor Henry presentou o documento coas seguintes palabras:

Foote descubriu que o ar rarificado nun cilindro se quentaba menos que o ar a presión normal e que, polo contrario, o ar húmido se quentaba máis. E algo máis interesante aínda; nas súas propias palabras, “o maior efecto o atopei no gas ácido carbónico”.

Coñecedora do debate sobre as causas do clima cálido e húmido do Devónico tardío e o inicio do Carbonífero, hai uns 360 millóns de anos, caeu na conta de que en dito período a atmosfera albergaba un alto contido en CO2, concluíndo, nas súas propias palabras, que:

Eunice Foote anticipouse en tres anos aos experimentos do físico e químico británico de orixe irlandesa John Tyndall, ao que se considerou o descubridor do efecto do CO2 na atmosfera e que probablemente o irlandés utilizou como base 3 anos despois. Non obstante, a montaxe experimental de Foote non separaba o visible do infravermello no espectro da luz solar, á parte de que o propio efecto invernadoiro provocado polos recipientes de cristal podería influír nos resultados. Tyndall foi moito máis coidadoso e utilizou unha fonte de raios escuros (como se denominaba entón o infravermello) e illou o gas que ía estudar nun tubo de latón tapado por ambos os extremos con cristais de sal, con obxecto de deixar pasar todo o infravermello e demostrar así máis aló de toda dúbida razoable que o CO2 absorbía neste rango do espectro quentando o gas do recipiente.

Eunice Foote realizou a súa última investigación documentada en 1858, unha publicación sobre as propiedades eléctricas dos gases a diferentes presións e temperaturas, relacionándoo de novo co comportamento da atmosfera.

Recibiu unha patente en 1860 sobre enchido de solas de botas e zapatos nunha peza de goma vulcanizada para evitar o ruído ao camiñar.

En 1867 Foote inventou unha máquina de facer papel que producía un papel máis forte, suave e con maior facilidade para o corte recto.

A partir de aí parece que abandonou a súa carreira científica ata a súa morte en 1888.

Descubrimento da súa obra Eunice Foote foi rescatada do esquecemento por Raymond Sorenson, un investigador independente e coeditor de Oil-Industry History, quen foi o primeiro en publicar un artigo sobre Foote en 2011. Coleccionista de manuais científicos, Sorenson atopou o artigo de Foote tal e como o leu Joseph Henry no Annual of Scientific Discovery de 1857, publicado por David Ames Wells.

No verán de 2016, un amigo da climatóloga canadense Katharine Hayhoe preguntoulle por que non había mulleres na historia da disciplina. Hayhoe fixo unha pequena investigación e rescatou a comunicación de Eunice Foote, finalmente publicada en The American Journal of Science and Arts en novembro de 1856. O climatólogo Ed Hawkins publicou pouco despois un chío que foi o inicio do rescate de Eunice para a historia da ciencia do clima.

Secuencia de publicacións En 1856, informouse dos efectos da radiación solar sobre gases contidos en cilindros de cristal descubertos por Eunice nunha presentación anual da American Association for the Advancement of Science (AAAS) en Albany, Nova York.

En 1856 o artigo de Eunice Foote foi publicado no American Journal of Science and Arts co título “Circumstances affecting the heat of the Sun's rays”, e inmediatamente despois publicouse un artigo máis amplo asinado polo seu marido, Elisha Foote.

Publicáronse artigos comentando o de Eunice Foote en The New York Daily Tribune, the Canadian Journal of Industry, Science and Art, e Scientific American.

No artigo de The New York Daily Tribune comentouse que Joseph Henry dixo dos resultados de Foote:

Dous resumos do artigo de Foote apareceron en Europa, no Edinburgh New Philosophical Journal en 1857 e en Jahresbericht en 1856 e 1857.

O segundo artigo de Eunice, “On a new source of electrical excitation”, tamén lido por Joseph Henry na reunión da AAAS en Montreal en 1857, publicouse nas Actas da AAAS, o primeiro dunha muller. Unha versión máis breve apareceu en American Journal of Science and Arts. A diferenza do seu primeiro artigo, esta versión volveuse publicar na Philosophical Magazine en 1958.

Vida persoal Eunice foi descrita como unha boa pintora de retratos e paisaxes, mais ela mesma non aparece en ningunha fotografía coñecida.O seu pai era fideicomisario do Barnard College.Goodwin, p. 159 O 12 de agosto de 1841 casou con Elisha Foote, avogado de patentes, que chegou a ser xuíz. Elisha e Eunice viviron en Seneca Falls, en North Park Street, e posteriormente mudáronse a Saratoga, Nova York.

Tiveron dúas fillas: Mary Foote (1842–1931), artista e escritora. Casou co senador estadounidense por Missouri John B. Henderson e foi presidenta da Asociación para o Sufraxio Feminino de Missouri. Augusta Newton Foote (1844–1904), autora do libro The Sea at Ebb Tide, un traballo científico sobre os organismos que poden atoparse nas praias norteamericanas. Membro do consello do Barnard College, casou con Francis B. Arnold o 6 de marzo de 1869.

Eunice e Elisha tiveron seis netos, tres de cada filla. Elisha morreu en 1883 e Eunice en setembro de 1888. Está enterrada no cemiterio Green-Wood de Brooklyn, Nova York.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados no condado de Litchfield, Connecticut Categoría:Nados en 1819 Categoría:Finados en 1888 Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América Categoría:Climatólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Sufraxistas