Lachesis muta é unha especie de cobra velenosa que habita en América do Sur (incluíndo a illa de Trinidad, na república de Trinidad e Tobago). No presente recoñécense dúas subespecies.

Descrición miniatura|Exemplar no Parque Nacional Yasuní, Ecuador. É de cor marrón claro con tons alaranxados e con manchas negras en forma de diamante. Tralo ollo ten unha banda horizontal negra. O ventre é branco. Os adultos poden medir máis de 2 m, con lonxitudes máximas arredor dos 3,6 m. O corpo é cilíndrico, cónico e moderadamente robusto. Na parte media do corpo hai 31-37 fileiras non oblicuas de escamas dorsais que teñen moitas quillas con tubérculos bulbosos e están debilmente imbricadas. Ten 200-230 escamas ventrais. A cola é curta con 32-50 pares principalmente subcaudais, seguida de 13-17 filas de pequenas espiñas e unha espiña terminal.United States Navy (1991). Poisonous Snakes of the World. New York: U.S. Government / Dover Publications Inc. 203 pp. .

No Mato Grosso, no Brasil, documentouse que poden trabar unha persoa á altura da cara, polo seu gran tamaño, e que mesmo poden trabar a perna dunha persoa a cabalo.El porqué, cuándo, cómo y donde de los ofidios; tratado general, Vogt, Alejandro Urs. ISBN 950-9066-21-4.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Bolaños R (1972). "Toxicity of Costa Rican snake venoms for the white mouse". American Jour. Trop. Med. Hyg. 21: 360-363. Hardy DL Sr, Haad JJS (1998). "A review of venom toxinology and epidemiology of envenoming of the bushmaster (Lachesis) with report of a fatal bite". Bull. Chicago Herp. Soc. 33(6): 113-123. Linnaeus C (1766). Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio Duodecima, Reformata [Part 1. Twelfth Edition, Revised]. Stockholm: L. Salvius. 532 pp. (Crotalus mutus, new species, p. 373). O'Shea M (2005). Venomous Snakes of the World. Princeton, New Jersey: Princeton University Press. 160 pp. . Zamudio KR, Greene HW (1997). "Phylogeography of the bushmaster (Lachesis muta: Viperidae): implications for neotropical biogeography, systematics and conservation". Biological Journal of the Linnean Society 62: 421-442. PDF at Cornell University, Department of Ecology and Evolutionary Biology. Consultado o 26 de outubro de 2006.

Categoría:Réptiles de Colombia Categoría:Réptiles de Trinidad e Tobago Categoría:Réptiles da Güiana Francesa Categoría:Réptiles de Suriname Categoría:Réptiles de Venezuela Categoría:Réptiles de Bolivia Categoría:Réptiles do Perú Categoría:Réptiles de Ecuador Categoría:Réptiles do Brasil Categoría:Réptiles de Güiana Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Animais descritos en 1766