Rotario ou Rothari, duque longobardo de Brescia, elixido rei dos longobardos de Italia polo partido ariano, sucedendo así ao seu predecesor ariano Arioaldo (636 e casa coa súa viúva católica Gundeperga). Traxectoria O seu reinado está marcado por de novas conquistas longobardas; Córsega foi invadida, a Toscana e a Liguria conquistadas e ocupadas, e Xénova cae no 643. Ao nordeste, apodérase por fin da fortaleza de Oderzo, que sempre rexeitara aos longobardos e bate en dúas ocasións aos bizantinos nos montes Apeninos e na aba setentrional do Monte Cimone. Morre no 652 e é enterrado en Pavia, capital longobarda.

Rotario é o primeiro rei longobardo en poñer por escrito as leis orais do seu pobo e dos seus súbditos bárbaros. Así, o 22 de novembro de 643, fai publicar en Pavia o seu famoso edicto, máis coñecido co nome de Edicto de Rothari, de inspiración xermánica.

Véxase tamén Outros artigos Edicto de Rothari Reino longobardo Longobardos

Ligazóns externas O Edicto de Rotario. Texto do Edicto en latín

Categoría:Reis longobardos Categoría:Finados en 652 Categoría:Duques de Brescia