Na mitoloxía grega, Crío (en grego antigo Κρεῖος ou Κρίος) era un dos Titáns, fillos de Urano (o Ceo) e Xea (a Terra). Xunto ós seus irmáns foi derrotado na Titanomaquia, guerra na que non tivo ningunha intervención destacable, e foi desterrado con eles ó Tártaro, no máis profundo do inframundo.

Casou con Euribia, filla de Xea e Ponto (o Mar), coa que tivo tres fillos: Astreo, Palas (ou Palante) e Perses. Astreo uniuse con Eos (a Aurora) e tivo a Eósforo (o planeta Venus), as outras Estrelas e os catro Ventos (Céfiro, Bóreas, Euro e Noto) Hesíodo só menciona tres: Céfiro, Bóreas e Noto.; tamén se lle fai pai dos outros planetas coñecidos na Antigüidade: Phainón (Saturno, Phaethón (Xúpiter), Pyroeís (Marte) e Stilbón (Mercurio). Perses uniuse con Asteria, coa que tivo varios fillos, entre eles a deusa Hécate.

Notas

Véxase tamén Bibliografía ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017. GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981. HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto] Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA

Categoría:Titáns