Nancy Morejón, nada na Habana o 7 de agosto de 1944, é unha poeta, dramaturga, ensaísta e tradutora cubana. Contribuíu moito á escritura en Cuba e ten posicións literarias importantes, como directora de revísta Unión, membro da Academia Cubana, e Presidente da Asociación de Escritores da Unión de Escritores e Artistas de Cuba (UNEAC).

En 2008 a AELG nomeouna Escritora Galega Universal.

Traxectoria O seu pai era de ascendencia africana e a súa nai de raíces africanas. Destacando desde moi nova nos estudos, escribía poemas aos trece anos e en 1959, con apenas quince, chegou a titularse de profesora de inglés; obtivo o bacharelato en letras en 1961. Aos dezaoito anos publicou o seu primeiro libro de versos, Mutismos. Entre 1963 e 1964 foi profesora de francés na Academia Gustavo Ameijeiras da Habana e traballou como tradutora para o Ministerio do Interior. Obtivo o premio «Rubén Martínez Villena» en 1964 e militou entre 1963 e 1965 no Comité de Base da Unión de Mozos Comunistas da Escola de Letras; licenciouse en lingua e literatura francesas pola Universidade da Habana (1966) e doutorouse cunha tese sobre o poeta martiniqueño Aimé Césaire. Entre 1986 e 1993 foi directora do Centro de Estudos do Caribe de Casa das Américas, labor que reasumiu en 2000. Desde 1991 é Membro da Academia de Ciencias de Cuba.Entrevista con Nancy Morejón, por Kathleen Weaver, 15 de junio de 2013, Berkeley, California

Carreira e Educación Elaborou unha Recompilación de textos sobre Nicolás Guillén (A Habana, Edicións Casa das Américas, 1974) e dedicouse principalmente á tradución simultánea en eventos e congresos; tamén realizou traducións para o Instituto do Libro, sobre todo de poesía afrocaribeña. Participou no Encontro do Centenario de Rubén Darío, celebrado en Varadero (1967) e en moitos outros actos literarios, relacionados coa poesía e a cultura. En 1980 recibiu o Premio Nacional de Ensaio "Enrique José Varona" da Unión de Escritores e Artistas de Cuba polo seu libro Nación y Mestizaje en Nicolás Guillén, que en 1983 recibiu tamén o Premio Mirta Aguirre; en 1986 recibiu o "Premio da crítica" cubano por Piedra Pulida e en 2001 o Premio nacional de Literatura. A Elogio y paisaje e La Quinta de los Molinos foilles outorgado tamén o Premio da Crítica en l997 e 2000, respectivamente. A Universidade de Nova York conferiulle o Premio Yari-Yari de Poesía Contemporánea polo conxunto da súa obra no 2004. En agosto de 2006, durante a VLª edición do Festival Noites de Poesía, recibiu o Premio Coroa de Ouro de Struga 2006 de Macedonia xa proclamado o 21 de marzo de 2006, na sede da UNESCO, en París, polo Día Mundial da Poesía. En maio de 2007, no marco do XII Festival Internacional de Poesía da Habana, recibiu o Premio Rafael Alberti. posúe as Insignias de Oficial da Orde ao Mérito da República de Francia e a réplica do Machete de Máximo Gómez, entre outros. É membro de número da Academia Cubana da Lingua desde 1999.

Escribiu colaboracións para Unión, Cultura'64, El Caimán Barbudo, La Gaceta de Cuba, Casa de las Américas. Foi seleccionada para a antoloxía Novísima poesía cubana (1962) de Reinaldo Felipe e Ana María Simo.

A súa obra abrangue unha grande amplitude de temas. A mitoloxía da nación cubana e a relación integracionista dos negros con esta nación mediante a mestizaxe de culturas españolas e africanas nunha identidade nova, cubana. A maior parte da súa obra apoia o nacionalismo, a revolución e o actual réxime cubano. Ademais, declara o seu feminismo respecto da situación das mulleres dentro desta nova sociedade e a integración racial facendo a mulleres negras protagonistas centrais nos seus poemas. Finalmente, o seu traballo tamén trata a historia da escravitude e os malos tratos na relación de Cuba e os Estados Unidos, aínda que a súa obra non está dominada polos temas políticos. Críticos sagaces fixeron notar xocosas observacións sobre a súa propia xente, un particular e moi cubano emprego da ironía e o humor, así como a calidade intrínseca dunha poesía sumamente lírica, íntima, espiritual, e mesmo erótica, até bucólica.

Nancy Morejón foi traducida ao inglés, ao francés, ao alemán, ao portugués, ao italiano, ao ruso, ao polaco e ao holandés e é especialmente coñecida nos Estados Unidos, onde a súa obra é moi apreciada e foi traducida e reimpresa en numerosas ocasións.

Influencias literarias A paixón pola escritura e a lectura naceu por medio dos seus pais. Ambos os dous pais inculcáronlle os bos valores e a importancia da formación. A nai foi un exemplo a seguir para Nancy Morejón. O seu pai tamén a involucrou no mundo das noticias cotiás ao redor do mundo a través de revistas ou xornais. Aos nove anos, Nancy xa escribía a súa propia poesía no seu propio diario, tamén estaba a aprender inglés. A tan curta idade Nancy axudaba aos analfabetos escribindo e lendo para eles. Nancy Morejón non só foi moldeando o seu coñecemento por medio das escolas ou as universidades, tamén lle constaba que a instrución das rúas ensinaba e daban moito que aprender. Morejón dálle vida, cor, e son á súa poesía lembrando as rúas do seu barrio onde naceu e creceu, o barrio dos Sitios. Os seus pais, o seu fogar, a súa contorna onde creceu foron importantes influencias cara á súa afección á literatura e a poesía.

Muller Negra Un dos poemas máis populares de Nancy Morejón onde representa a historia negra e a feminidade é coñecido como Mujer Negra. Morejón é a voz dos seus antepasados. O pasado dos seus devanceiros quen sufriron por escravitude por ser raza negra influíu tanto na súa voz poética. O poema visualiza imaxes moi fortes e impactantes. Ten un ton intenso, forte, e valente. Tamén fai unha alegoría cara á revolución cubana.

Conexións políticas miniatura|A bandeira de Cuba Críticos das obras de Morejón, como Caroline A. McKenzie e William Luís, ven a conexión coa revolución de Cuba como a razón do seu éxito. Aínda que a revolución foi moi importante na vida e obra de Morejón, o seu traballo cos temas de escravitude, a identidade afrocubana e o feminismo teñen unha gran parte da súa influencia na sociedade actual. O poema “Muller negra” é un bo exemplo da mestura de influencias na súa vida. Ela loita coas súas palabras polos dereitos humanos para persoas de herdanza africana e todas mulleres. No poema, usa a historia colectiva das escravas negras para crear a forza do sentimento nos lectores, especialmente por mor das referencias a experiencias normais de mulleres. Tamén se trata da revolución en Cuba e sen dúbida mostra apoio ao comunismo e aos revolucionarios como Castro.

Nunha entrevista de Bomb Magazine, Nancy Morejón dixo que non hai elementos de marxismo nalgúns dos seus poemas. Con todo, en “Muller Negra” hai un verso que ten a palabra ‘comunismo.’ Morejón non é membro do partido comunista, pero ten ideais que están relacionados co marxismo.

Obras poéticas Mutismos (1962). Dd. A Ponte, A Habana Amor, ciudad atribuída (1964). Ed. A Ponte, A Habana Richard trajo su flauta y otros argumentos (1967). Col. Cadernos, ed. Unión, A Habana, Parajes de una época (2979). Col. Mínima, ed. Letras Cubanas, A Habana. Poemas (1980): Selección e prólogo de Efraín Huerta, Ilustración de cuberta Wifredo Lam, ed. Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM), México D.F. Antoloxía. Octubre imprescindible (1982). Col. Contemporáneos, ed. Unión, A Habana Elogio de la danza (1982). Col. Cadernos de Poesía, ed. Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM), México D.F. Cuaderno de Granada (1984). ed. Casa das Américas, A Habana. Where the Island Sleeps Like a Wing (1985). Tradución, Selec. e Introdución de Kathleen Weaver, Pról. de Miguel Barnet , ed. The Black Scholar Press, San Francisco, California. Antoloxía bilingüe. Poems (1985). Recoñecido Como un dos mellores libros do ano: Selección de Sandra Levinson, ed. Center for Cuban Studies, Nova York. Antoloxía. Piedra pulida (1986). Col. Giraldilla, ed. Letras Cubanas, A Habana. Poemas de amor y muerte (1993). Ed. Revista Caravelle (separata), Tolosa. Paisaje célebre (1993). Ed. Fondo Editorial Fundarche, Caracas Venezuela. Elogio y paisaje (1997). Ilustracións da autora, col. A Roda Dentada, ed. Unión, A Habana. Richard trajo su flauta y otros poemas (1999). Selec. e pról. de Mario Benedetti, ed. Visor, Madrid. La quinta de los molinos (2000). Ilustracións de Reynaldo González, 135 pp, col. Cemí, 2000, ed. Letras Cubanas, A Habana. Premio da Crítica. Black Woman and Other Poems (2001). Ed. Mango Publ. Londres. Antoloxía bilingüe. Traduciu, anotou e introduciu Jean Andrews, arte de cuberta do autor, 244 pp Cuerda veloz (2002), Editorial Letras Cubanas Carbones silvestres (2006).

Ensaios Recopilación de textos sobre Nicolás Guillén (1972). Selección, prólogo e notas de N.M., 429 pp, Serie Valoración Múltiple, ed. Casa das Américas, A Habana. Nación y mestizaje en Nicolás Guillén (1982). 332 pp. col. Premio, ed. Unión, A Habana. Fundación de la imagen (1988). 294 pp, col. Giraldilla, ed. Letras Cubanas, A Habana. With Eyes and Soul: Images of Cuba (2004). Trans. Pamela Carmell e David Frye. White Pine Press.

Traducións Paul Laraque: Las armas cotidianas (1979). Col. Premio, ed. Casa das Américas, A Habana. Grenada Notebook (1984). Tradución de Lisa Davis, ed. Círculo de Cultura Cubana, Nova York. Ours the Earth (1990): Tradución, selec. e pról. de Joe Pereira,, ed. Instituto do Caribe da Universidade de West Indies (UWI), Kingston, Xamaica. Antoloxía Baladas para un sueño (1991). Col. Ciclos, ed. Unión, A Habana. Ernest Pépin: Remolino de palabras libres (1991). Col. Premio, ed. Casa das Américas, A Habana. Le Chaînon Poétique (1994). Traduciu Sandra Monet-Descombey, ilustrou a cuberta o pintor dominicano José Castelo. Prefacio de Delia Branco e Pilar Paliès. Ed. Médiathèque Champigny-sur-Marne, París. Nicole Cage Florentiny, Arcoíris, la esperanza (1996). Col. Premio, col. Premio, ed. Casa das Américas, A Habana. El río de Martín Pérez Poe, (1996). Ilustracións do pintor Rolando Estévez, col. Clásicos do San Juan, ed. Vigía, Matanzas. Antoloxía. Botella al mar (1996)): Selec. e pról. de Adolfo Ayuso, col. Poesía, ed. Oliphante, Zaragoza. Antoloxía. Édouard Glissant, Fastos (1998). Edicións Vigía, Matanzas. Édouard Glissant, Fastos y otros poemas (2001). Col. Pasamanos, ed. Casa das Américas, A Habana. Ruhmreiche Landschaft (Paisaxe Célebre) (2001). Gedichte, Umschlagmotive und Zeichnungen: Nancy Morejón, 82 pp, Übersetzung und Nachwort: Ineke Phaf-Rheinberger, Coleba Verlag, Triesen. Mirar Adentro/Looking Within: Selected Poems, 1954-2000 (2002). (Ed. bilingue, African American Life Series). Ed. Juanamaria Cordóns-Cook. Wayne State University Press.

Premios 1983: Premio "Mirta Aguirre" por Nación y Mestizaje en Nicolás Guillén. 1986: Premio da Críticapor Piedra pulida . 1997: Novo premio da Crítica por Elogio y paisaje . 2008: Escritora Galega Universal pola AELG.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Diccionario de la Literatura Cubana (1999). Alacante: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Consultado 27 de 2008

Ligazóns externas Bibliografía relacionada con Nancy Morejón no catálogo da Biblioteca Nacional de Alemaña. Nancy Morejón na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Portal e biobibliografía da escritora. Antoloxía da escritora en Palabra virtual. Entrevista con Nancy Morejón

Categoría:Nados na Habana Categoría:Alumnos da Universidade da Habana Categoría:Tradutores de Cuba Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Nados en 1944 Categoría:Escritores de Cuba Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nacionalistas cubanos