José Manuel Caballero Bonald, nado en Xerez da Fronteira o 11 de novembro de 1926 e finado en Madrid o 9 de maio de 2021, foi un escritor español, que sobresaíu principalmente como poeta. A coidadosa utilización da linguaxe e o barroquismo caracterizan a súa obra. Tamén foi un recoñecido flamencólogo.

Traxectoria De pai cubano —republicano do Partido Reformista— e nai de ascendencia aristocrática francesa —da familia do vizconde de Bonald—, estudou Filosofía e Letras en Sevilla entre 1949 e 1952 e náutica e astronomía en Cádiz. Nestes mesmos anos comezou a relacionarse cos cordobeses da revista Cántico, como Pablo García Baena.

Publicou o seu primeiro poemario, Las adivinaciones, en 1952, tras obter con el un accésit do Premio Adonáis. Dous anos antes gañara o Platero de poesía.

A súa carreira continuou en Latinoamérica, onde foi profesor universitario na Universidade Nacional de Colombia en Bogotá. Na capital colombiana escribiu a súa primeira novela —Dos días de septiembre, galardoada en 1961 co Premio Biblioteca Breve e publicada ao ano seguinte— e tivo ao seu primeiro fillo. En 1968 foi incluído na Antología de la nueva poesía española.

Ao regresar de Colombia intensificou o interese pola literatura como método de loita antifranquista, en liña coas directrices do Partido Comunista, no que con todo nunca militou.

Traballo como director literario na editorial Júcar e colaborou con Camilo José Cela na publicación da revísta Papeles de Son Armadans como subdirector e no proxecto do Instituto de Lexicografía da Real Academia Española. Ademais, tivo un idilio de sete anos coa primeira muller de Cela, Rosario Conde.

En 1986 inaugurouse un instituto co seu nome, e en 1998 constituíuse a Fundación Caballero Bonald.

En abril de 2009 publica La noche no tiene paredes, composto por 103 poemas, onde fai unha reivindicación da incerteza, porque, nas súas propias palabras, «o que non ten dúbidas, o que está seguro de todo, é o máis parecido que hai a un imbécil.»

Tras a publicación de Entreguerras (2012), libro formado por un só poema de case 3.000 versos, declarou: "xa non vou escribir nada", con todo continuou escribindo. Recoñeceu que escribir poesía axúdalle a manterse novo. "O permanecer na brecha rexuvenécete. O que non queda calado, o que iguala o pensamento coa vida, ten xa moito gañado para rexuvenecer", declarou ao cumprir 80 anos.

O 29 de novembro de 2012 foi galardoado co Premio Cervantes.

Foi presidente do xurado de varios galardóns literarios, tanto de poesía como de narrativa, entre os que destaca o Premio de Novela Cidade de Torrevieja, localidade esta última que en xuño de 2010 lle dedicou unha das súas prazas.

En 2018 afirmou que non pensaba volver escribir.

Obra miniatura|Sede da Fundación Caballero Bonald en Xerez da Fronteira. miniatura|Carteis de XVII Congreso da Fundación Caballero Bonarld

Poesía

Las adivinaciones (1952) Memorias de poco tiempo (1954) Anteo (1956) Las horas muertas (1959) Pliegos de cordel (1963) Descrédito del héroe (1977) Laberinto de Fortuna (1984) Diario de Argónida (1997) Manual de infractores (2005) La noche no tiene paredes (2009) Entreguerras (2012), autobiografía en versoCaballero Bonald ordena sus recuerdos en forma de verso en 'Entreguerras' Desaprendizajes (2015)

Antoloxías poéticas

Selección natural (1983) Doble vida (1989) Prólogo de Pere Gimferrer Poesía amatoria (1999) Somos el tiempo que nos queda (2004, 2007 e 2011). Obra poética completa Años y libros (2004) Edición de Luis García Jambrina Paz con aceite (2005) Summa vitae (2007) Edición de Jenaro Talens Casa junto al mar (2008) Edición de Pablo Méndez Estrategia del débil (2010) Edición de Juan Carlos Abril Ruido de muchas aguas (2011) Edición de Aurora Luque Material del deseo (2013) Edición de Juan Carlos Abril Marcas y soliloquios (2013) Edición de Juan Carlos Abril Un sustantivo mundo (2017) Edición de Juan Carlos Abril

Novela

miniatura|Caballero BonaldDos días de setiembre (1962). Premio Biblioteca Breve 1961. Ágata ojo de gato (1974), que versa sobre as ameazas ao Coto de Doñana Toda la noche oyeron pasar pájaros (1981) En la casa del padre (1988) Campo de Agramante (1992)

Memorias

Tiempo de guerras perdidas (1995) La costumbre de vivir (2001) La novela de la memoria (2010). Edición nun só volume de Teimpo de guerras perdidas e La costumbre de vivir Examen de ingenios (2017)

Ensaios e artigos

El cante andaluz (1953) El baile andaluz (1957) Cádiz, Jerez y los puertos (1963) El vino (1967) Narrativa cubana de la revolución (1968) Luces y sombras del flamenco (1975) Cuixart (1977) Breviario del vino (1980) Luis de Góngora: poesía (1982) Los personajes de Fajardo (1986) De la sierra al mar de Cádiz (1988) Andalucía (1989) Botero: la corrida (1990) España: fiestas y ritos (1992) Sevilla en tiempos de Cervantes (1992) Copias del natural (1999) Mar adentro (2002) José de Espronceda (2002) Miguel de Cervantes. Poesía (2005) La ruta de la campiña (2005). Xunto a Vicente Rojo Almarán La luz de Cádiz en la pintura de Cortés (2005). Xunto a Antonio Agudo e Francisco Calvo Serraller Encuentros con la poesía (2006) Copias rescatadas del natural (2006) Edición de Juan Carlos Abril Relecturas. Prosas reunidas (1956-2005) (3 vols., 2006) Edición de Jesús Fernández Palacios Un Madrid literario (2009). En colaboración co fotógrafo José Manuel Navia. Oficio de lector, serie de artigos e conferencias sobre escritores, Seix Barral, 2013Caballero Bonald desgrana su ‘Oficio de lector’

Biografía

Memorial de disidencias, biografía autorizada escrita por Julioo NeiraUn Cervantes en su territorio

Obras musicais

Terra!: José Manuel escribiu a letra para este álbum de El LebrijanoEl Lebrijano canta a América con textos de Caballero Bonald

Premios e recoñecementos miniatura|Exposición "De lo vivo a lo contado" con motivo do seu Premio Cervantes

1950: Premio de Poesía Platero. 1951: Accésit do Premio Adonáis por Las adivinaciones. 1958: Premio Boscán por Las horas muertas. 1960: Premio da Crítica de poesía castelá por Las horas muertas. 1961: Premio Biblioteca Breve por Dos días de septiembre. 1974: Premio Barral por Ágata ojo de gato 1975:Premio da Crítica de narrativa castelá por Ágata ojo de gato. 1977: Premio da Crítica de poesía castelá por Descrédito del héroe. 1978: Premio Fundación Pablo Igresias. 1981: Premio Ateneo de Sevilla por Toda la noche oyeron pasar pájaros. 1988: Premio Praza & Janés. 1990: Premio Andalucía das Letras. 1993-94: Membro correspondente da Academia Norteamericana da Lingua Española. 1996: Fillo Predilecto de Andalucía. 1998: Fillo Predilecto da provincia de Cádiz. 2000: Medalla de Ouro do Círculo de Belas Artes de Madrid. 2004: Doutor honoris causa pola Universidade de Cádiz. 2004: Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana. 2005: Premio Nacional das Letras Españolas. 2005: Premio Internacional Terenci Moix. 2006: Premio Nacional de Poesía (España). 2009: Premio Internacional de Poesía Federico García Lorca. 2010: Premio ABC Cultural & Ámbito Cultural. 2012: Premio Cervantes. 2013:Autor do ano pola Consellería de Cultura da Xunta de Andalucía 2013: Doutor honoris causa pola Universidade Nacional de Educación a Distancia. 2015: Premio Obra de Arte Total da Asociación Wagneriana. 2016: Premio Francisco Umbral ao Libro do Ano. 2016: Premio Andalucía da Crítica en poesía. 2017: Disco-Libro "Jerez canta a Caballero Bonald". 2017: A ONCE dedícalle a imaxe dun cupón. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Fundación Caballero Bonald Caballero Bonald na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes Biografía e enlaces. El poder de la palabra. Entrevista de José Romeira Castelo: TVE-2 (11 de novembro de 2001): Entrevista no diario El País o 15 de setembro de 2001. Caballero Bonald, Premio Nacional de Poesía 2006 Caballero Bonald no programa de TVE Imprescindibles.

Categoría:Nados en Xerez da Fronteira Categoría:Premio Nacional das Letras Españolas Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Cádiz Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en 1926 Categoría:Premio Cervantes Categoría:Finados en 2021