Aelita, en ruso, Аэлита, é un filme mudo dirixido por Yákov Protazanov nos estudios Mezhrabpom-Rus e estreado en 1924. Baséase na novela do mesmo nome escrita por Aleksei Nikolaevich Tolstoi.
A historia trata sobre un rapaz, Losi, que viaxa ao planeta Marte para dirixir un levantamento popular contra o rei, co apoio da raíña Aelita que se namorou del despois de velo por un telescopio.
Sinopse Aelita, a raíña de Marte, farta de vivir sometida ó seu despótico pai, lanza unha chamada de socorro á Terra. Tras descifrar a mensaxe, o enxeñeiro da Estación de Radio de Moscova, xunto co revolucionario Gusev, emprende unha viaxe a Marte na nave que construíu. Os dous axudan a Aelita a derrocar o tirano, mais a continuación, tamén ela implanta un réxime totalitario.
Véxase tamén
Categoría:Filmes de 1924 Categoría:Cinema mudo Categoría:Filmes da Unión Soviética Categoría:Filmes sobre extraterrestres Categoría:Filmes ambientados en Moscova Categoría:Filmes ambientados en 1921