David Attenborough: A Life On Our Planet é un filme documental británico de 2020 narrado por David Attenborough. O filme serve como un "testemuño", a través do cal Attenborough comparte de primeira man as súas preocupacións sobre o estado actual do planeta por mor do impacto na natureza e as súas esperanzas para o futuro. Estreouse a través de Netflix o 4 de outubro de 2020.

Acollida O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica. Patrick Cremona de Radio Times concedeulle cinco de cinco estrelas, encontrándoo "moi diferente" dos traballos anteriores de Attenborough e louvando a súa "mestura" dunha "condena arrepiante" do trato que os humanos lle dan ao mundo natural, e dun "manifesto esperanzador e inspirador" de como afrontar a crise climática."David Attenborough delivers poignant mission statement in powerful Netflix doc A Life on Our Planet". Radio Times. Dándolle catro de cinco estrelas, Ed Potton de The Times aprobou a descrición dos animais e o "intimismo" e "autoridade" da narración de Attenborough, mais suxire que podía terse visto máis da vida persoal de Attenborough."David Attenborough: A Life on Our Planet review — a pre-emptive eulogy for the Earth". The Times. Emma Clarke de Evening Standard considerou o filme como "esencial de ver"."David Attenborough's A Life On Our Planet leaves viewers in tears as Netflix doc reveals devastation of natural world". Evening Standard. Natalia Winkelman de The New York Times eloxiou a "abraiante fotografía da natureza" e a xustaposición entre ecosistemas vizosos e moribundos."'David Attenborough: A Life on Our Planet' Review: Ruin and Regrowth". The New York Times.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Documentais Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido