A língua geral paulista ou tupí austral era o termo co que se coñecía unha das dúas línguas gerais, unha lingua franca tupí crioula.NAVARRO, E. A. Dicionário de tupi antigo: a língua indígena clássica do Brasil. São Paulo. Global. 2013. p. 537. Falábase orixinalmente en São Vicente, São Paulo, e na parte alta do río Tietê. No século XVI, era amplamente falada en São Paulo e o seu uso estendeuse a rexións veciñas. A comezos de 1750, e por orde do Marqués de Pombal, tódolos nenos brasileiros debían ser ensinados en portugués nas escolas. Por mor disto, a língua geral paulista foi perdendo terreo fronte ao portugués e extinguiuse.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Língua geral Ligazóns externas As Línguas Gerais Vocabulário da Língua Geral Paulista. Língua falada no séc. XVII em São Paulo, Cuiabá e Rio Grande do Sul

Categoría:Linguas tupí-guaranís Categoría:Linguas crioulas e pidgins Categoría:Linguas do Brasil Categoría:Planificación e política lingüística Categoría:Linguas mortas de América do Sur