Miguel Vila Pernas, nado na Habana en 1958, é un xornalista galego de temas gastronómicos en prensa e radio, ademais de cociñeiro.

Traxectoria

Fillo de galegos emigrantes do Valadouro, reside en Galiza desde 1961. Fixo o Bacharelato no IES San Rosendo de Mondoñedo e estudou xornalismo na Universidade Complutense de Madrid. Nos últimos anos desenvolve un traballo xornalístico de investigación e divulgación da cociña e gastronomía galegas a través dos medios de comunicación. É autor do primeiro blog sobre cociña e literatura gastronómica en galego, que puxo en marcha en 2005.

Obras Olería tradicional en Galicia (1998) Dicionario galego de gastronomía (1999) Caldeirada para dous (mortos) (2003) O crime de Santa Cruz do Valadouro (2004) A cociña do Merlín (2006) A cociña do Entroido e san Xoán (Xerais, 2006) Hora de comer (2007, conto infantil) Guía Gastronómica de Santiago (2008) Guía Secreta da Gastronomía de Galicia: Lugo (2011)

Premios

Premio Alimentos de España 2005 ao mellor labor informativo continuado, concedido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, polos artigos publicados no diario El Progreso ao longo do ano 2005. Premio Álvaro Cunqueiro, por Caldeirada para dous (mortos) Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro en 2006, por A cociña do Merlín. Premio Gourmand en 2006, por A cociña de Entroido e San Xoán.

Notas

Categoría:Nados na Habana Categoría:Nados en 1958 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Galegos de Cuba