miniatura|250px|OAO-3 antes do lanzamento. Orbiting Astronomical Observatory ou OAO foi unha serie de observatorios espaciais dos Estados Unidos.
Características Os satélites OAO foron os primeiros observatorios astronomómicos ópticos dos Estados Unidos. Lanzáronse catro entre 1966 e 1972, cun deles sen chegar a órbita por problemas co seu foguete lanzador. A experiencia obtida cos satélites OAO levou máis tarde a desenvolver o telescopio Hubble.
OAO 1 OAO 1 foi lanzado o 8 de abril de 1966 a bordo dun Atlas SLV-3B Agena D. Cunha masa de 1774 kg, estaba alimentado por paneis solares e deseñado para facer observacións de precisión sobre as características de emisión e absorción de planetas, nebulosas e do medio interplanetario e interestelar na rexión visible e de raios gamma. O observatorio funcionou durante os sete primeiros minutos tras ser posto en órbita. Un curtocircuíto masivo avariou o sistema eléctrico, co que tras 20 órbitas a misión foi declarada fallada.
OAO 2 (Stargazer) OAO 2, nomeado tamén como Stargazer, foi lanzado o 7 de decembro de 1968 a bordo dun Atlas SLV-3C Centaur D. Tiña forma de octaedro, unha masa de 2012 kg, usaba paneis solares e levaba dos conxuntos de experimentos a bordo: o Wisconsin experiment package (WEP), consistente en varios fotómetros para diferentes lonxitudes de onda, e o Celescope, consistente en catro cámaras Schwarzschild independentes.
OAO B (Goddard) OAO B foi nomeado Goddard en honor a Robert Goddard, un pioneiro da astronáutica. Foi lanzado o 30 de novembro de 1970 mediante un Atlas SLV-3C Centaur D pero a cofia da última etapa non se separou, deixando o observatorio inutilizado.
OAO 3 (Copernicus) OAO 3 foi nomeado Copernicus e lanzado o 21 de agosto de 1972 mediante un Atlas SLV-3C Centaur D. Tratábase dun telescopio para o ultravioleta xunto con tres telescopios de raios X. O observatorio tiña forma octogonal, cun diámetro interno de 1,21 m, unha lonxitude de 4,9 m e alimentado por paneis solares. O observatorio deixou de funcionar en febreiro de 1981, tras nove anos e medio de misión.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasOAO 18 de abril de 1966Atlas SLV-3B Agena DÉxitoOAO 27 de decembro de 1968Atlas SLV-3C Centaur DÉxitoOAO B30 de novembro de 1970Atlas SLV-3C Centaur DÉxitoOAO 321 de agosto de 1972Atlas SLV-3C Centaur DÉxito
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Atlas SLV-3B Agena D Atlas SLV-3C Centaur D
Categoría:Observatorios espaciais