David Starr Jordan, nado o 19 de xaneiro de 1851 en Gainesville, condado de Wyoming, Nova York, e finado o 19 de setembro de 1931 en Stanford, Palo Alto, condado de Santa Clara, California, foi un naturalista, ictiólogo, euxenético, presidente de Universidades e pacifistaAbrahamson, James L. (1976): "David Starr Jordan and American Antimilitarism". The Pacific Northwest Quarterly 67 (2): 76-87. estadounidense.
Traxectoria Jordan foi un dos principais ictiólogos de principios do século XX. Escribiu 650 artigos e varios libros sobre este tema, ademais de exercer como presidente das Universidades de Indiana e de Stanford (o primeiro de todos, neste último caso)."David Starr Jordan '72. Cornell Alumni News I (6): 39-43. 10 de maio de 1899. Consultada o 15 de outubro de 2020.
Foi un racista e un euxenista, cuxas opinións publicadas expresaban un temor á "dexeneración racial", e afirmaba que o gando e os seres humanos estaban "gobernados polas mesmas leis de selección". Foi ictiólogo durante o seu labor como investigador. Antes de Stanford, foi presidente da Universidade de Indiana. Starr tamén foi un antimilitarista que inicialmente se opuxo á participación dos Estados Unidos na primeira guerra mundial.David Starr Jordan The Blood of the Nation: A Study of the Decay of Races through the Survival of the Unfit. (copyright 1902, reprinted 1910) p 12. Nota: o termo "raza" aparece más de 30 veces neste breve libro. O terno "euxénese" non está aí, mais descríbese o concepto básico.
Como activista do pacifismo presidiu a World Peace Foundation desde 1910 até 1914.
Formou parte da xunta de goberno da Human Betterment Foundation, unha organización euxenética establecida en Pasadena en 1928 co objectivo de recompilar e distribuír información sobre a lexislación estadounidense de esterilización forzosa con propósitos euxenéticos.
Regra de Jordan Na Teoría da Evolución coñécese como regra ou lei de Jordan á afirmación de David Starr Jordan de que as especies estreitamente relacionadas teñen distribucións xeográficas non similares, pero si bastante próximas, separadas ás veces soamente por un obstáculo natural insalvábel (un brazo de auga ou unha montaña).
En ictioloxía, a regra de Jordan establece que o número de vértebras dun peixe está altamente correlacionado coa latitude (máis vértebras nos ambientes máis fríos).
Algunhas publicacións 1973. The shore fishes of Hawaii: these fishes are found throughout the Pacific Ocean. Con Barton Warren Evermann. Edición ilustrada de C. E. Tuttle Co. 392 p. 1922. Days of a Man. Autobiografía. Reimpreso por Nabu Press, 858 p. 2012 ISBN 1277807043 1918. Democracy and World Relations. Editor World Book Co. 158 pp. Reimpreso por BiblioBazaar, 172 p. 2009 ISBN 0559914598 1917. The genera of fishes ...: A contribution to the stability of scientific nomenclature. Leland Stanford Junior University publications: Univ. series 27. Con Warren Evermann. Editor The University. Reeditó Stanford Univ. Press, 154 p. 2010 1916. Ways of Lasting Peace 1915. War and the Breed: The Relation of War to the Downfall of Nations. Editor The Beacon Press, 265 p. Reimpreso por BiblioBazaar, 282 pp. 2010 ISBN 111796079X 1913. Naval waste. Editor World Peace Foundation, 17 pp. Reimpreso por BiblioBazaar, 20 p. 2010 ISBN 1176875078 1913. War and Waste: a series of discussions of war and war accessories. Editor Doubleday, Page & Co. 296 p. Reimpreso por BiblioBazaar, 318 p. 2010 ISBN 1144669480 1912. Animal life: a first book of zoölogy. Twentieth century text-books. Con Vernon Lyman Kellogg. Editor D. Appleton & Co. 329 pp. Reimpreso por BiblioBazaar, 354 p. 2010 ISBN 1171721269 1910. The story of Matka: a tale of the Mist-Islands. Con George Archibald Clark. Edición reimpresa de Whitaker & Ray-Wiggin Co. 68 pp. Reeditó Nabu Press, 104 p. 2012 ISBN 1276766327 1907. Fishes. Am. nature series. Group 1. Classification of nature. Editor H. Holt, 789 p. Reimpreso por BiblioBazaar, 854 pp. 2010 ISBN 1176284096 1907. Evolution and animal life: an elementary discussion of facts, processes, laws and theories relating to the life and evolution of animals. Con Vernon Lyman Kellogg. Editor D. Appleton & Co. 489 pp. Reimpreso por BiblioBazaar, 522 p. 2011. ISBN 1178577333 1906. Life's Enthusiasms. Reimpreso por Dodo Press, 48 p. 2007 ISBN 1406546585 1902. True tales of birds and beasts. Heath's home and school classics: The young reader's series. Editor D.C. Heath & Co. 132 p. 1902. The Blood of the Nation: a study of the decay of races through survival of the unfit. Editor Am. Unitarian Association, 82 pp. Reimpreso por Kessinger Publ. 82 p. 2010 ISBN 1161827633 1898. Imperial Democracy. 19 p. Reimpreso por Books LLC, 130 pp. 2009. ISBN 1459083571 1885. Papers on North American ichthyology. Papers on North American Ichthyology 1883. Synopsis of the fishes of North America. Smithsonian miscellaneous collections 24 (16). Editor Govt. print. off. 1.018 pp. 1878. Contributions to North American ichthyology. Bull. 3 (United States National Museum). Con Alembert Winthrop Brayton. Editor Govt. print. off. 217 p. Reimpreso por Nabu Press, 52 p. 2012. ISBN 1278793445 1876. Manual of the Vertebrates of the Northern United States. Reimpreso por Scholarly Publ. Off. Univ. of Michigan Library, 344 p. 2006 ISBN 1425534716
Honores Eponimia Xéneros Fanerógamas Caryophyllaceae - Jordania Boiss.Diagn. Pl. Orient. ser. 1 (8): 93. (1849).
Peixes Zoarcidae - Davidijordania Popov, 1931 Cyprinodontidae - Jordanella Goode & Bean, 1879
Especies
Abreviaturas A abreviatura D.S.Jord. emprégase para recoñecer a David Starr Jordan como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.Todos os xéneros e especies descritos por D.S.Jordan no IPNI.
A abreviatura Jordan ou D. S. Jordan emprégase para recoñecer a David Starr Jordan como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Obras de David Starr Jordan en JSTOR. Obras de David Starr Jordan en HathiTrust Digital Library. Obras de David Starr Jordan en Unz.org. Gerhard Casper (1995): Historia do lema da Universidade de Stanford, e informacións sobre a biografía de Jordan . Biografía de David Starr Jordan na Smithsonian Institution. Portada da revista Time do 8 de xuño de 1931. Documentos de David Starr Jordan, 1874-1929, nos Indiana University Archives. Rexistros da Indiana University President's Office, 1884-1891, nos Indiana University Archives
Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Ictiólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Zoólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Racismo Categoría:Discriminación Categoría:Euxénese Categoría:Etnocentrismo Categoría:Alumnos da Universidade Cornell Categoría:Alumnos da Universidade de Indiana Categoría:Profesores da Universidade Stanford Categoría:Nados en 1851 Categoría:Nados en Nova York (estado) Categoría:Finados en 1931