O alfabeto n'ko (ߒߞߏ) é un sistema de escrita desenvolvido por Solomana Kante en 1949 para escribir as linguas mandinga de África Occidental. O termo n'ko, o cal quere dicir eu digo en tódalas linguas mandinga, é utlizado tamén para a lingua literaria mandinga estándar, que se escribe en escrita n'ko.
A escrita ten algunhas semellanzas co alfabeto árabe, principalmente a súa dirección (de dereita a esquerda) e as letras que están conectadas entre elas pola base. Ao contrario do árabe, marca obrigatoriamente o ton e as vogais. Os tons do n'ko están marcados como diacríticos, de maneira semellante a como se marcan algunhas vogais no árabe.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lingua n'ko Ligazóns externas N'Ko Institute Kanjamadi
Categoría:Alfabetos Categoría:Linguas mandinga