George Driver "Pinky" Nelson, nado en Charles City, Iowa, o 13 de xullo de 1950, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-41-C, STS-61-C e STS-26.
Traxectoria Nelson graduouse en física pola Facultade Harvey Mudd en 1972 e é máster e doutor en astronomía pola Universidade de Washington en 1974 e 1978 respectivamente.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xaneiro de 1978, participando nas misións STS-41-C, STS-61-C e STS-26 e pasando un total de 17,11 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-41-C STS-61-C STS-26
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Iowa