A Sociedade Numismática Sueca (en sueco: Svenska numismatiska föreningen –SNF–) é unha asociación numismática fundada en 1873 e con sede en Estocolmo, que ten como finalidade a promoción da investigación numismática.
É a entidade asociativa de índole numismático máis antiga de toda Escandinavia."Welcome to SNF". Svenska Numismatiska Föreningen.
En 2008 accedeu á súa presidencia Jan-Olof Björk, de Växjö."Styrelsen för Svenska Numismatiska Föreningen 2019". Svenska Numismatiska Föreningen.
Actividade A Sociedade Numismática Sueca publica desde 1874 a revista Numismatiska meddelanden ("Mensaxes Numismáticas").
En 1977 adquiriu, ademais, a revista Myntkontakt, que cambiou o seu nome a Svensk numismatisk tidskrift ("Revista Numismática Sueca"). Publícanse oito números anuais desta revista, que lle é entregada gratuitamente aos membros da sociedade."SNT, Svensk Numismatisk Tidskrift". Svenska Numismatiska Föreningen.
A SNF edita tamén Numismatiska Meddelanden ("Ensaios Numismáticos"), que, á parte dos artigos en sueco, contén tamén colaboracións en inglés, alemán e francés."Numismatiska Meddelanden". Svenska Numismatiska Föreningen.
Ademais do seu labor editorial, a Sociedade Numismática Sueca organiza poxas numismáticas unha ou dúas veces por ano destinadas á participación dos seus asociados, cuxos lotes son descritos en Svensk numismatisk tidskrift e tamén a través de Internet.
Outra das súas actividades é a cuñaxe de medallas conmemorativas, que superan xa as 85, moitas delas dedicadas a nimismáticos suecos dos últimos catro séculos."SNF:s medaljer 1873 - 2014". Svenska Numismatiska Föreningen.
Entre os membros honorarios da Sociedade figuran personaxes tan salientables da numismática internacional como John Evans e Philip Grierson (Inglaterra), Brita Malmer (Suecia) ou Vera Hartz (Alemaña)."SNF:s hedersledamöter". Svenska Numismatiska Föreningen.
Presidentes da entidade miniatura|239x239px|August Wilhelm Stiernstedt, primeiro presidente da Sociedade Numismática Sueca miniatura|219x219px|Axel Wahlstedt, presidente entre 1916 e 1934. Estes son os presidentes da Sociedade Numismática Sueca desde a súa fundación en 1873 ata os nosos días:"SNF:s ordföranden genom tiderna". Svenska Numismatiska Föreningen.
1873-1880: August Wilhelm Stiernstedt. 1881-1883: Hans Hildebrand. 1883-1891: Georg Wolfgang von Francken. 1891-1903: Carl Snoilsky. 1903-1906: Johan Otto Wedberg. 1906-1916: Victor Edvard Lilienberg. 1916-1934: Axel Wahlstedt. 1934-1935: Ernst E. Areen. 1936-1947: Bengt Thordeman. 1947-1953: Nils Ludvig Rasmusson. 1953-1961: Torgny Lindgren. 1961-1962: Bertil af Klercker. 1962-1973: Nils Ludvig Rasmusson. 1973-1978 : Lars O. Lagerqvist. 1978-1988: Göran Bergenstråhle. 1988-2002: Torbjörn Sundquist. 2002-2008: Julius Hagander. 2008-2021: Jan-Olof Björk. Desde 2021: Curt Ekströn.
Premios outorgados Á parte de diversas bolsas económicas e premios menores para os seus asociados, a Sociedade Numismática Sueca concede dous premios de relevancia internacional:"Belöningar och stipendier". Svenska Numismatiska Föreningen.
Medalla Gustav VI Adolf Medalla á investigación numismática. Con motivo do centenario da institución, a SNF instituíu este galardón en 1973, que leva o nome do monarca sueco co seu consentimento oficial. Inicialmente a medalla era de ouro e a partir de 1981 comezou a facerse en prata dourada. Entrégase anualmente, unicamente se se considera que se dan motivos excepcionais para o facer, a unha persoa sueca destacada polas súas investigacións numismáticas ou ben a unha estranxeira que se distinguise polas súas investigacións sobre a moeda nórdica, preferiblemente sueca. "SNF:s Gustav VI Adolf-medalj för framstående numismatisk forskning". Svenska Numismatiska Föreningen.
Medalla Elias Brenner
Medalla ao mérito numismático. Trátase dunha medalla de prata que a xunta directiva da Sociedade concede anualmente, desde 1976, a un ou varios cidadáns suecos ou estranxeiros distinguidos pola promoción do coñecemento da numismática en Suecia. De concorreren razóns extraordinarias, a medalla pode entregarse bañada en ouro."SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de asociacións numismáticas
Ligazóns externas
Sitio web da Svenska Numismatiska Föreningen
Categoría:Asociacións numismáticas Categoría:Sociedades científicas Categoría:Cultura de Suecia Categoría:Organizacións sen ánimo de lucro