Simone Thérèse Fernande Simon, nada en Béthune (Marsella) o 23 de abril de 1910 e finada en París o 22 de febreiro de 2005, foi unha actriz francesa.
Traxectoria Simone Simon naceu en Marsella, filla de Henri Louis Firmin Champmoynat, un enxeñeiro xudeu francés, piloto na segunda guerra mundial, morto nun campo de concentración, e de Erma Maria Domenica Giorcelli, unha ama de casa italiana. Antes de establecerse definitivamente en Marsella, Simon viviu en Madagascar, Budapest, Turín e Berlín."The Strange New Star in Hollywood's Heaven" by Eleanor Packer, The Salt Lake Tribune, 20 de setembro de 1936, páx. 7 En 1931, con 20 anos de idade, marchou a París onde traballou por algún tempo como cantante, modelo e deseñadora de moda. Nun momento tamén se propuxo ser escultora."Pouting Lady From France" by Wood Soanes, Oakland Tribune, 29 de novembro de 1936
Simon fixo o seu debut en pantalla en 1931 con Le chanteur inconnu"Tender Little Savage: France's Favorite Descends upon the Hollywood Scene" by Jacques Lory, Oakland Tribune, 29 de decembro de 1935, páx. 3 e en 1934 atraeu a atención de todos os espectadores coa súa actuación en Lac aux dames do director Marc Allégret. En entrevistas posteriores, Simon expresou a súa gratitude cara á Allégret, sentindo que era responsable do seu éxito.
O seu especial magnetismo ante a pantalla abriulle as portas de Hollywood e conseguiu un contrato na Fox. Dese xeito converteuse nunha das pioneiras do cinema europeo en Hollywood. Alí traballou ás ordes de Irving Cummings, Henry King, Allan Dwan ou William Dieterle. Durante ese breve período actuou en varios filmes como o remake do clásico do cinema mudo Seventh Heaven (Henry King, 1927) ou Ladies in Love (Marie Armand, 1936). Ante o éxito moderado destes filmes regresou de novo a Francia en 1938 da man de Jean Renoir para traballar no papel da perversa Séverine Roubaud en A besta humana baseado no clásico do mesmo nome de Zola.
Ao estalar a guerra, e trala ocupación alemá, regresou de novo a Hollywood para traballar, esta vez nos Estudos RKO. Aquí logrou un dos seus maiores éxitos con The Devil and Daniel Webster (1941) de William Dieterle. A súa interpretación chamou a atención do produtor Val Lewton, quen lle ofreceu interpretar a Irena Dubrona en Cat People (1942), un clásico do cinema fantástico dirixido por Jacques Tourneur. Simon nunca chegou a admitir que esta fose o seu mellor filme, pois consideraba que se daba á cámara un maior protagonismo que aos actores. A partir de entón seguiron títulos de menor éxito como The Curse of the Cat People (1944), Mademoiselle Fifi (Robert Wise, 1944) ou Petrus (Marc Allègret, 1946), este último xa en Europa finalizada a guerra. Volveu acadar o éxito con dous filmes de Max Ophüls, La ronde (1950) e Le Plaisir (1952).
A partir de entón, as súas actuacións no cinema foron mínimas. En 1973 interpretou o seu último traballo en A dama de azul, unha comedia de Michel Deville.
Vida persoal Simon permaneceu sempre solteira. A súa camareira revelou que ela adoitaba dar a chave da súa casa a calquera home polo que ela se interesaba, entre eles George Gershwin. Na década de 1950, estivo envolta nunha relación co banqueiro francés Alec Weisweiller, que foi un dos patrocinadores de Jean Cocteau. Durante a segunda guerra mundial mantivo unha relación co axente dobre Duško Popov, que tiña como nome en clave "Tricycle".
Morreu en París por causas naturais á idade de 94 anos. A BBC informou por erro que a súa idade era 93, ao anotar mal o ano do seu nacemento (1911). Uns días máis tarde, o ministro francés de cultura Renaud Donnedieu de Vabres emitiu unha declaración en que eloxiaba a Simon falando do seu "engado, o seu irresistible sorriso... Con Simone Simon, perdemos unha das máis sedutoras e máis brillantes estrelas do cinema francés da primeira metade do século XX".
Filmografía + Filme Ano Título Personaxe Notas 1931 Durand Versus Durand Eliane 1931 Mam'zelle Nitouche Sen acreditar 1931 Le chanteur inconnu Pierette 1931 On opère sans douleur 1932 La petite chocolatière Julie 1932 Un fils d'Amérique Maryse 1932 Le roi des palaces Victoire 1932 Pour vivre heureux Jacqueline 1933 Tire au flanc Lily 1933 Prenez garde à la peinture Amélie Gadarin 1933 The Star of Valencia Rita 1933 Le Voleur 1934 Lake of Ladies Puck 1935 Les yeux noirs Tania 1935 Les beaux jours Sylvie 1936 Girls' Dormitory Marie Claudel 1936 Ladies in Love Marie Armand 1937 Seventh Heaven Diane 1937 Love and Hisses Yvett Guerin 1938 Josette Renee LeBlanc 1938 La Bête Humaine Séverine Roubaud 1940 Cavalcade d'amour Juliette 1941 The Devil and Daniel Webster Belle 1942 Cat People Irena Dubrovna Reed 1943 Tahiti Honey Suzette 'Susie" Durand 1944 The Curse of the Cat People Irena Reed 1944 Johnny Doesn't Live Here Any More Kathie Aumont 1944 Mademoiselle Fifi Elizabeth Bousset – A Little Laundress 1946 Pétrus Migo 1947 Temptation Harbour Camelia 1950 Donne senza nome Yvonne Dubois 1950 La Ronde Marie, the housemaid 1951 Olivia Mlle. Cara 1952 Le Plaisir Joséphine – le modèle Episodio "Le Modèle") 1954 The Three Thieves Doris Ornano 1954 Das zweite Leben Françoise Dunoyer 1956 The Extra Day Michele Blanchard 1973 A dama de azul La dame de Meudon
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Photographs and literature
Categoría:Nados en Marsella Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Actores de cinema de Francia