Helen Kay Wang (chinés simplificado: 汪海岚; chinés tradicional: 汪海嵐; pinyin: Wang Hailán), de solteira Helen Below, nada en 1965, é unha sinóloga e tradutora inglesa que ocupa o posto de conservadora de numismática da Asia Central no Departamento de Moedas e Medallas do Museo británico, en Londres."Helen Wang". The British Museum."Staff". The British Museum.

Publicou un gran número de traducións literarias do chinés ao inglés.

Wang está casada co arqueólogo chinés Wang Tao."Acknowledgements" (páxina IV) e "Preface" (páxina V). En Wang, H. (2008): Chairman Mao Badges: Symbols and Slogans of the Cultural Revolution. The British Museum. ISBN 978-0861591695

Traxectoria Helen Wang acadou a súa licenciatura en Lingua Chinesa en 1988 na Escola de Estudos Orientais e Africanos (SOAS) da Universidade de Londres, cunha estadía previa dun ano (entre 1984 e 1985) no Instituto de Lingua de Pequín.Zhao, Henry; Cayley, John (1994). Under-Sky Underground: Chinese Writing Today. Nº 1. Wellsweep. Páxina 245. ISBN 0-948454-16-4

En 2002 accedeu ao doutoramento en Arqueoloxía no University College London, cunha tese sobre o diñeiro na Ruta da Seda titulada Money on the Silk Road: the evidence from Eastern Central Asia to c. AD 800.Ficha da tese de Helwn Wang. University of London.

Como numismática miniatura|320x320px|Captura do blog de Helen Wang, Chinese Money Matters.

En 1991, Wang ingresou no Museo Británico como axudante de Joe Cribb na sección asiática do Departamento de Moedas e Medallas, e en 1993 empezou a encargarse da sección de moeda da Asia Oriental. Os seus traballos alí están relacionados principalmente coas coleccións das que é responsable e tamén sobre a historia da colección e o desenvolvemento do seu ámbito, en particular a numismática de Asia Oriental e a da Ruta da Seda, as coleccións de Sir Aurel Steine os artigos téxtiles utilizados como diñeiro.Véxase a sección de publicacións."Members: Helen Wang ". International Association for the Study of Silk Roads Textiles.

Foi co-secretaria honoraria da Royal Numismatic Society entre 2011 e 2016, e vicepresidenta en 2018."Council". The Royal Numismatic Society. Tamén é membro honorario do equipo editorial de Zhongguo Qianbi "中国钱币" ("China numismática"), a revista da Sociedade Numismática Chinesa."China Numismatics ". China Numismatic Museum.

En 2016, Wang foi elixida membro da Asociación Internacional para o Estudo dos Téxtiles da Ruta da Seda (IASSRT). Desde 2017, fai divulgación de numismática chinesa a través do blog "Chinese Money Matters"."Chinese Money Matters" [acceso aquí].

Como tradutora As primeiras publicacións de traducións literarias de Wang producíronse no inicio da década de 1990; tratábase de contos e ensaios de Yu Hua, de Zhang Chengzhi, de Ma Yuan, de Du Ma e de Zhang Langlang.Publicados en:

Henry Y. H. Zhao. (1993). The Lost Boat: Avant-garde Fiction from China. Wellsweep Press. ISBN 978-0948454837

Henry Y. H. Zhao; John Cayley. (1994). Under-sky Underground (Chinese Writing Today). Wellsweep Press. ISBN 978-0948454165 Logo dun descanso na súa vida profesional, regresou á tradución na década de 2010, traducindo máis relatos, ensaios e contos infantís."Helen Wang". Paper Republic. Chinese Literature in Translation.

Ademais, Wang colabora con entidades como o Club do Libro de Ficción da China"ChinaFictionBookClub". Perfil en Twitter. (con Nicky Harman), co portal Paper Republic e coa iniciativa Global Literature in Libraries"Global Literature in Libraries ". Sitio web da iniciativa..

En 2016, Wang foi unha das fundadoras do grupo Chinese Books for Young Readers ("Libros chineses para Lectores Novos"), con Anna Gustafsson Chen e Minjie Chen."Chinese Books for Young Readers". Sitio web.

Entre 2012 e 2015 foi membro do comité de dirección da Asociación de Tradutores do Reino Unido."Translators Association ". Sitio web da asociación.

Wang foi xuíza de catro competicións de tradución Writing Chinese, da Universidade de Leeds."Dr Helen Wang". The Leeds Centre for New Chinese Writing.

Recoñecementos (2024): Medalla da Royal Numismatic Society (RNS), de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (2024). Premio Lhotka, da (RNS)."The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society. (2019): Jeton de Vermeil, da Sociedade Francesa de Numismática."Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN)."Jeton de vermeil 2019 – Mme Helen Wang". Société français de numismatique. (2019): Candidata ao premio GLLI GLLI Translated YA Book Prize, pola súa tradución de Bronze and Sunflower, de Cao Wenxuan."2019 GLLI Translated YA Book Prize Winner and Honor Boks Announced". Global Literature in Libraries Initiative (GLLI). (2017): Premio Marsh Christian de literatura infantil en tradución, pola súa tradución de Bronze and Sunflower."Marsh Award for Children’s Literature in Translation". Marsh Christian Trust."Marsh Award for Translated Children's Literature – Helen Wang wins with Bronze and Sunflower". Paper Republic. (2017): Premio internacional Chen Bochui, e literaura infantil. "Shanghai recognises UK translator Wang's 'special contribution' to literature". The Bookseller. (2017): Finalista do Premio Kirkus, de literatura xuvenil, pola súa tradución de Bronze and Sunflower."2017 Finalists: young readers". Kirkus Reviews. (2017): Inclusión na lista 2018 Notable Children's Books (da American Library Association) da súa tradución de Bronze and Sunflower."2018 Notable Children's Books. Middle". American Library Association. (2017): Inclusión na lista New York Times Notable Children's Books da súa tradución de Bronze and Sunflower."Notable Children's Books of 2017". The New York Times. (2017): Mellor libro do ano do Centro para o Estudo da Literatura Infantil Multicultural, pola súa tradución de Bronze and Sunflower."CSMCL Best Books of 2017". Centre for the Study of Multicultural Children's Literature. (2015): Bolsa de tradución de English PEN Writers, pola súa tradución de Bronze and Sunflower."Sixteen books awarded English PEN grants". The Bookseller.

Escolma de publicacións Entre os abundantes traballos de investigación e divulgación de Helen Wang, pódense salientar os seguintes:"Helen Wang". Britishmuseum.academia.edu"Wang, Helen 1965". WorldCat.

Numismática (2002): Catalogue of the Collections of Sir Aurel Stein in the Library of the Hungarian Academy of Sciences (editora, con Éva Apor). Library of the Hungarian Academy od Sciences. Budapest. ISBN 963 7451 110 (2004): Money on the Silk Road: The Evidence from Eastern Central Asia to c. AD 800, with a catalogue of the coins collected by Sir Aurel Stein. The British Museum. ISBN 9780714118062 (2004): Sir Aurel Stein in The Times. Saffron. ISBN 9781872843292 (2007): Supplement to the Catalogue of the Collections of Sir Aurel Stein in the Library of the Hungarian Academy of Sciences (editora, con Éva Apor). Library of the Hungarian Academy od Sciences. Budapest. ISBN 978 963 508 545 3 (2007): Textiles from Dunhuang in UK Collections (con Zhao Feng et al.). Donghua University Press. ISBN 9787810383240 (2008): Chairman Mao Badges: Symbols and Slogans of the Cultural Revolution. The British Museum. ISBN 978-0861591695 (2008): Handbook to the Collections of Sir Aurel Stein in the UK (con John Perkins). British Museum Ocasional Paper 129. ISBN 978 086159 9776 (2010): Catalogue of the Japanese Coin Collection (pre-Meiji) at the British Museum, with special reference to Kutsuki Masatsuna (con Joe Cribb et al.). The British Museum. ISBN 9780861591749 (2012): Sir Aurel Stein, Colleagues and Collections (editora). British Museum Publication. Nº 184. ISBN 978-086159-1848 (2012): The Music of Ink at the British Museum. Eastern Art Pub. ISBN 978-1872843995 (2012): "A short history of Chinese numismatics in european languages". En Early China. Vol. 35/36. Cambridge University Press. Páxinas 395-429. (2013): "Textiles as Money on the Silk Road" (con Valerie Hansen). En Journal of the Royal Asiatic Society. Vol 23. Nº 2. Páxinas 165-174.

Traducións literarias (2012): Jackal and Wolf (orixinal de Shen Shixi). Egmont. ISBN 978-1405264495 (2015): Bronze and Sunflower (orixinal de Cao Wenxuan). Walker Books. ISBN 978-1406348460 (2017): The Ventriloquist's Daughter (orixinal de Lin Man-Chiu). Balestier Press. ISBN 978-1911221050

Notas

Véxase tamén Outros artigos Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Sinólogos Categoría:Tradutores de Inglaterra Categoría:Tradutores ao inglés Categoría:Tradutores do chinés Categoría:Personalidades sen imaxes