Jesús Manuel Blanco Ons, nado en Noia en 1917 e finado no mesmo concello o 4 de outubro de 1991,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 5-10-1991, p. 64. foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fundador da Falange de Noia, da que foi xefe comarcal. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi voluntario da Segunda Bandeira de Falange de Galicia. Ferido en campaña, perdeu o brazo dereito. Caballero Mutilado, no franquismo foi nomeado xefe do Servizo Provincial do Curtido do Sindicato da Pel en 1941.La Voz de Galicia, 9-10-1941, p. 2. En 1942 foi nomeado delegado provincial de Educación Popular.La Voz de Galicia, 19-4-1942, p. 1. Licenciose en Dereito en 1942.El Correo Gallego, 5-6-1942, p. 5. Foi nomeado alcalde en 1949, tomando posesión o 18 de febreiro.El Pueblo Gallego, 22-2-1949, p. 7. En marzo dese ano foi elixido deputado provincial.El Correo Gallego, 22-3-1949, p. 2. Permaneceu na alcaldía até febreiro de 1955.La Noche, 1-3-1955, p. 3. Colaborou en Vida Gallega, El Pueblo Gallego, La Voz de Galicia e La Noche. Presentouse para o simulacro de eleccións municipais que ían celebrarse o 18 de xaneiro de 1976,El Pueblo Gallego, 21-12-1975, p. 19.El Pueblo Gallego, 10-1-1976, p. 16. e que finalmente tiveron lugar no salón de actos do Concello o 25 de xaneiro, nas que Antonio Busto Rodríguez obtivo nove votos contra tres de Manuel Blanco.As primeiras eleccións democráticas na vila de Noia
Vida persoal Casou con Josefa Fernández Caamaño e foi pai de Manuel, María Pilar e Juan Francisco Blanco Fernández.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Falanxistas
Categoría:Avogados de Noia Categoría:Alcaldes de Noia Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes