Joaquim Maria Pessoa, nado en Barreiro o 22 de febreiro de 1948 e finado o 17 de abril de 2023, coñecido por Joaquim Pessoa, foi un poeta, artista plástico, publicitario e estudoso da arte prehistórica portugués.
Traxectoria
Entre 1988 e 1994 dirixiu a Sociedade Portuguesa de Autores. En colaboración con Luís Machado, organizou en 1983 o I Encontro Peninsular de Poesía, que reuniu prestixiosos nomes da poesía ibérica. Conta con máis de 600 recitais da súa poesía, realizados en Portugal e no estranxeiro. Foi director literario da Litexa Editora, director do periódico Poetas & Trovadores, colaborador das revistas Sílex e Vértice e do xornal A Bóla.
Foi un dos fundadores da cooperativa artística Toma Alí Disco, con Ary dos Santos, Fernando Tordo, Carlos Mendes, Paulo de Carvalho e Luiz Villas-Boas, entre outros.
Viu o seu nome nas rúas do Baixo da Banheira (concello da Moita) e no Poceirão (concello de Palmela).
Obra literaria
Bibliografía Libros publicados O Pássaro no Espelho, Moraes Editores (1975) Poemas de Perfil, edición do autor (1975) Amor Combate, Moraes Editores (1976) Canções de Ex-Cravo e Malviver, Moraes Editores (1977) Português Suave, Moraes Editores (1978) Os Dias da Serpente, Moraes Editores (1979; 2.ª edición 1980) Os Olhos de Isa, Moraes Editores (1980; 2.ª edición 1981) O Livro da Noite (Premio de Poesia da Associação Portuguesa de Escritores e da Secretaria de Estado da Cultura), Moraes Editores (1981) O Amor Infinito (Premio de Literatura António Nobre), Moraes Editores (1982) 125 Poemas – Antologia Poética, Litexa Editora (198?) Caderno de Exorcismos, en colaboración con Graça Castro, Moraes Editores (1983) A Assembleia dos Pássaros e Outras Histórias – Poemas para Crianças, Moraes Editores (1983) Paiol de Pólen, Círculo de Leitores (1983) Os Olhos de Isa, edición especial, Litexa Editora (1983) Fly, Litexa Editora (1983; 2.ª edición 1985) Sonetos Perversos, Litexa Editora (1984) Os Herdeiros do Vento – Antologia Apócrifa, Litexa Editora (1984) Antologia Poética, org. de Edilberto Coutinho, São Paulo, Brasil (1985) Amor Combate (Poesia 1975/1980), Litexa Editora (1985) Peixe Náufrago. Litexa Editora (1985) Mas, Litexa Editora (1987) Por Outras Palavras (Premio de Poesía Cidade de Almada), Litexa Editora (1990) À Mesa do Amor, Átrio Editora (1994) À Mesa do Amor (edición especial, ilustrada por Isabel Mendes Ferreira), Litexa Editora (1994) Vou-me Embora de Mim, Hugin Editores (2000) e Litexa Editora (2.ª edición, 2002) Obra Poética, Litexa Editora (vol. 1, 2001; vol. 2, 2001; vol. 3, 2002) Nomes, Litexa Editora (2003) Vou-me Embora de Mim e Poemas Escolhidos (org. e prefacio de Kopyl Vadim), Ed. Alexandria, San Petersburgo, Rusia (2007) O Pouco É para Ontem, Litexa Editora (2008) Sonetos eróticos & irónicos & sarcásticos & satíricos & de amor & desamor & de bem & e de maldizer do poeta Joaquim Pessoa, Litexa Editora (2008) Ano Comum, Litexa Editora (2011) Os Dias Não Andam Satisfeitos, Edições Esgotadas (marzo de 2017)
Como tradutor/adaptador "Carmen", en colaboración con José Jorge Letria e Luís Machado, Hugin Editores (1998)
Poesía gravada en disco "Português Suave", Rossil, 1980 "A Arte do Coração", Edições Sassetti, 1982
Poeta de cancións
Foron os compositores e cantantes que o levaron ao coñecemento do grande público, musicando e interpretando poemas seus. Nas palabras de David Mourão-Ferreira, Joaquim Pessoa tivo "un papel moi importante no movemento renovador da canción portuguesa". Tendo como temáticas máis destacadas Lisboa, o amor, a liberdade e as desigualdades sociais, os seus poemas foron palabra de moitos éxitos musicais, musicados e cantados, entre outros, por:
Carlos do Carmo – "Cantiga de Maio" Carlos Mendes – "Lisboa, meu amor", "Amélia dos olhos doces", "Alcácer que vier" e todas as cancións dos a´lbums "Amor Combate", "Canções de Ex-Cravo e Malviver" e do álbum infantil "Jardim Jaleco", considerado pola crítica o mellor traballo poético musical realizado en Portugal para nenos. Clara Ghimel (Brasil) – "Canção de estar em terra" Fernando Tordo – "Assim como quem morre", "Canto de passagem", "Tordesilhas" Jorge Palma – "Mar português" José Mário Branco – "Negreiro" Kátia Guerreiro – "Talvez não saibas" Lúcia Moniz – "Canção de Amor do Marinheiro" Manuel Freire – "Gaivota Portuguesa" Nuno Nazareth Fernandes – "Nasceu a primeira mulata" Paco Bandeira – "Meridional", "Pintores", "Pedro d'Além", "Náufrago" Paulo de Carvalho – "Amor sem palavras", "Onde é que tu moras?", "Lisboa, menina e moça" (os dous últimos tamén gravados por Carlos do Carmo) Rui Veloso –"Desconversar" (gravado tamén por Fernando Pereira) Samuel – "Carta do velho Gil Eanes", "Canção do convés" Tatiana Pavlova (Rússia) – "Nos olhos de Isa", "Eu cantaria mesmo que tu não existisses" Tonicha – todas as canções do álbum "Ela por Ela" Tozé Brito – "Canção da alegria" Vitorino Salomé – "O sonho de Colombo" Carlos Mendes, Fernando Tordo e Paulo de Carvalho – "Os operários do Natal", en colaboración con Ary dos Santos
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Simon, Robert (2008): Understanding the Portuguese Poet Joaquim Pessoa – A Study in Iberian Cultural Hybridity, , The Edwin Mellen Press, Nova York.
Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Nados no distrito de Setúbal Categoría:Nados en 1948 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Personalidades sen imaxes