Julio García Comesaña, nado en Vigo en 1968, é un xestor e político galego, actual conselleiro de Sanidade.

Traxectoria Licenciouse en Física na Universidade de Santiago de Compostela (1993) coa especialidade de Electrónica e fixo anos máis tarde un mestrado en administración sanitaria.

Comezou a traballar en radiofísica en 1993 no policlínico Povisa de Vigo, despois no hospital Universitari Vall d'Hebron, e finalmente no Hospital do Meixoeiro de Vigo, do que foi director de centro e posteriormente director operativo do hospital (2005-11). En 2013 foi nomeado subdirector xeral de ordenación asistencial e innovación organizativa do SERGAS. Foi director de procesos asistenciais da área sanitaria de Vigo, e en 2018 foi nomeado xerente da área sanitaria de Ourense. En 2019 pasou a ser xerente da área sanitaria de Vigo.

En setembro de 2020, foi nomeado conselleiro de Sanidade por Alberto Núñez Feijóo. Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixido deputado por Pontevedra.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia

Categoría:Conselleiros de Sanidade da Xunta de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1968 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Físicos de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG