Birdshot é un filme filipino de 2016 escrito, dirixido e editado por Mikhail Red. Está protagonizado por Mary Joy Apostol, Arnold Reyes, Ku Aquino e John Arcilla, e conta a historia dunha rapaza de campo (Apostol) que sen querer mata unha aguia filipina (unha especie ameazada localmente coñecida como haribon), e dous oficiais de policía (Reyes e Arcilla) son asignados ao caso para atopar ao asasino da aguia mentres investigan a misteriosa desaparición dun lote de autobuses de agricultores camiño de Manila.

O filme foi escollido como candidato de Filipinas para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Birdshot é o primeiro filme filipino en ser estreado internacionalmente a través de Netflix.

Personaxes Mary Joy Apostol como Maya Arnold Reyes como Domingo John Arcilla como Mendoza Ku Aquino como Diego

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Filipinas propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 90ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua filipina Categoría:Filmes de Filipinas