Os Ghats occidentais (en tulu e ; en marathi e konkani: सह्याद्री; en malaiala: സഹ്യാദ്രി / സഹ്യപര്വതം; e en ), tamén coñecidos como Sahyadri ("montañas benevolentes"), son unha cadea montañosa da India. Percorre ao longo o bordo occidental da meseta do Deccan, e sepáraa do mar Arábigo un estreito chan costeiro. Atravesa os estados de Tamil Nadu, Kerala, Karnataka, Goa, Maharashtra e Gujarat. Foi declarado Patrimonio de Humanidade pola UNESCO en 2012 e é un dos oito puntos quente da diversidade biolóxica no mundo.Contén unha gran proporción da flora e da fauna da India, con moitas especies que só se atopan nese país. Polo menos 325 especies ameazadas habitan nos Ghats occidentais.
Xeografía Comezan ao sur do río Tapti preto do límite entre Gujarat e Maharashtra, e percorre aproximadamente 1600 quilómetros polos estados de Maharashtra, Goa, Karnataka, Kerala e Tamil Nadu, ata chegar ao cabo Comorín na cidade de Kanyakumari, no sur da península india.
A elevación media está arredor dos 900 metros.
Os picos máis altos localízanse na zona norte, en Maharashtra, salientando o Kalsubai (1646 m), o Mahabaleshwar (1438 m) e o Harishchandragad (1424 m). Ao suroeste do estado de Karnataka, están tamén o Kudremukh (1862 m) e o Mullayanagiri (1925 m). Na parte sur da serra, está o Anai Mudi, no estado de Kerala con 2695 m, que é o pico máis alto dos Ghats occidentais.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Mahajan, Harshal. A rendezvous with Sahyadri Ingalhalikar, Shrikant. Flowers of Sahyadri. Corolla Publication; Pune Wikramanayake, Eric; Eric Dinerstein; Colby J. Loucks; et al. (2002). Terrestrial Ecoregions of the Indo-Pacific: a Conservation Assessment. Island Press; Washington, DC. Kapadia, Harish. Trek the Sahyadris Ligazóns externas Western Ghats, UNESCO World Heritage site Western Ghats, WWF
Categoría:Xeografía da India