Larets é un satélite artificial ruso lanzado o 27 de setembro de 2003 mediante un foguete Kosmos 3M desde o Cosmódromo de Plesetsk.

Características Larets é un satélite pasivo de forma esférica duns 21 kg de masa coa superficie cuberta con 60 espellos retrorreflectores para poder facer medicións moi precisas desde terra usando feixes láser con finalidades xeodésicas. O satélite sirve tamén como obxectivo para calibración de radares en terra.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Kosmos 3M

Categoría:Satélites artificiais