A dos braquicneminos (Brachycnemina) é unha suborde de cnidarios antozoos da orde dos zoantarios.Brachycnemina no WoRMS.
A suborde comprende un total de 6 xéneros coñecidos, con máis de 163 especies.
Taxonomía Descrición A suborde foi descita en 1891 polo biólogo, antropólogo e etnólogo británico Alfred Cort Haddon e o entomólogo australiano M. E. Shackleton.
Familias miniatura|200px|Neozoanthus uchina miniatura|200px|Sphenopus marsupialis miniatura|200px|Zoanthus sansibaricus miniatura|200px|Zoántido con arneiros
A suborde comprende as tres familias seguintes: Neozoanthidae Herberts, 1972 Sphenopidae Hertwig, 1882 Zoanthidae Rafinesque, 1815
A familia dos Neozoanthidae é monotípica (é dicir, comprende un só xénero, Neozoanthus Herberts, 1972).Neozoanthidae Herberts, 1972 no WoRMS. A dos Sphenopidae inclúe especies coloniais que forman incrustacións na area, como Palythoa e Sphenopus, que se encontran comunmente nalgunas áreas concretas, e a dos Zoanthidae comprende especies que non forman incrustacións na area.
Características Debido a que os membros desta suborde recoléctanse libremente, non existen características estándar que os unan, á parte de lixeiras diferenzas morfolóxicas, ecolóxicas e filoxenéticas.
Porén, a característica distintiva dos zoantarioss deste grupo é a presenza dun quinto par incompleto do mesenterio. A suborde inclúe principalmente especies coloniais, pero tamén algunhas que, coa excepción da familia dos zoántidos, teñen partes profundamente incrustadas na area ou outros refugallos. Estas incrustacións poden afectar tanto á ectoderma como á mesoglea, e poden chegar a representaren até o 45 % do peso dos pólipos.Haywick D. W. & Mueller E. M. (1977): "Sediment retention in encrusting Palythoa spp. – a biological twist to a geological process", Coral Reefs 16: 39-46. Resume.
Hábitat e distribución Hábitat As especies dos braquicneminos habitan na maioría dos hábitats, desde arrecifes tropicais pouco profundos até zonas frías nas profundidades mariñas. Forma grandes colonias nas cristas de arrecifes intermareais en augas pouco profundas.
Distribución Estes antozoos poboan os arrecifes de coral das augas tropicais e subtropicais dos océanos Atlántico, ïndico e Pacífico.Irei Y., Nozawa Y. & Reimer J. D. (2011): "Distribution patterns of five zoanthid species at Okinawa Island, Japan". Zoological Studies 50 (4): 426–433.
Bioloxía A maioría das especies da suborde teñen como hóspedes na súa endoderma zooxantelas endosimbiontes do xénero Symbiodinium, aínda que tamén hai algunhas especies de azooxantelatos (por exemplo, Sphenopus spp).Irei Y., Sinniger F. & Reimer J. D. (2015): "Descriptions of two azooxanthellate Palythoa (Order Zoantharia: Subclass Hexacorallia) species from the Ryukyu Archipelago, southern Japan". ZooKeys, 478: 1–26.
Filoxenia Estudos de análises xenéticas suxiren que o dos Brachycnemina é un grupo monofilético que diverxeu dos Macrocnemina, grupo parafilético.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Low, Martyn E. Y.; F. Sinniger & J. D. Reimer (2016): "The order Zoantharia Rafinesque, 1815 (Cnidaria, Anthozoa: Hexacorallia): supraspecific classification and nomenclature". ZooKeys 641: 1-80.
Outros artigos Antozoos Zoantarios
Categoría:Antozoos